Kaula
Kaula | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Estados Unidos |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 0,64 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 21°39′N 160°32′O / 21.650, -160.533 |
Maior Altura | 167 m |
Localización | |
![]() |
Kaula (en hawaiano Ka´ula) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 34 km ao suroeste de Niihau.
Características Editar
A illa, con forma de media lúa, é parte do cráter dun volcán antigo practicamente mergullado. A superficie total é de 0,64 km²; e a altitude máxima é de 167 metros. O océano erosionou o litoral creando cantís e covas, particularmente a chamada cova da quenlla, Kahakauaola.
Kaula está deshabitada pero os pescadores frecuéntana. A illa era recordada nas tradicións orais hawaianas e atopáronse algúns restos da súa presenza, pero non hai evidencias de asentamentos permanentes. Ocasionalmente utilizouse como branco para exercicios militares de bombardeo aéreo.