Katlego Kai Kolanyane-Kesupile

artista, escritora e activista LGBT de Botswana


Katlego Kai Kolanyane-Kesupile, nada en Francistown en xaneiro de 1988[1][2], é unha artista performance, música, escritora e activista LGBT de Botswana, tamén coñecida como Kat Kai Kol-Kes. É coñecida por ser a primeira figura pública do seu país en identificarse de forma aberta como unha persoa transxénero, o que fixo en 2013[3][4][5]. Foi tamén a primeira persoa de Botswana en ser nomeada membro de TED[6][7].

Infotaula de personaKatlego Kai Kolanyane-Kesupile

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxaneiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Francistown, Botswana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGaborone Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBotswana Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Witwatersrand - teatro
Goldsmiths, University of London (en) Traducir - Mestrado Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , música , artista de performance , activista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e Lingua tswana Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkkolkes.wixsite.com… Editar o valor em Wikidata
Twitter: kkolkes Instagram: katkkolkes TED: katlego_kolanyane_kesupile Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi á escola de primaria Clifton Primary School[2], e con dezaoito anos foi a un internado en Durban.[5] Kolanyane-Kesupile estudou un grao en Teatro na Universidade de Witwatersrand e fixo un mestrado en Dereitos Humanos, Cultura e Xustiza Social en Goldsmiths, University of London.[3][8] En 2016 recibiu unha bolsa Chevening.[3]

É fundadora do Queer Shorts Showcase Festival, o primeiro e único festival de teatro de temática LGBT de Botswana.[9][10] Colaborou nas publicacións Peolwane Magazine, The Kalahari Review, Washington Blade e AfroPUNK.com.[11] Kolanyane-Kesupile toca tamén na banda Chasing Jakyb[12], e escribe cancións tanto en lingua inglesa como en lingua tswana.[12] En 2015 o grupo editou o disco Bongo Country.[13]

Notas editar

  1. "Katlego Kolanyane-Kesupile". Okay Africa's 100 Women (en inglés). 28 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Kat Kai Kol-Kes (10 de febreiro de 2017). "What it feels like to become 'Botswana’s first openly Trans* identifying public figure'". True Africa (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 McAllister, John (30 de xuño de 2017). "Kat’s Nine Lives: Performing Trans Identity/ies in Botswana". Kalahari Review (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  4. Mnthali, Luso (29 de xullo de 2016). "Being Kat Kai Kol-Kes: A Motswana Trans* Woman’s Art and Activism". AfriPop! (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Kat Kai Kol-Kes (17 de febreiro de 2017). "Being trans* is becoming a black woman of complications". True Africa (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  6. "Botswana’s first publicly open transgender among 10 African trailblazers on the TEDGlobal 2017 list". YourBotswana (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  7. "Kolanyane-Kesupile Honoured on Global Influencer List". Pristine Mag (en inglés). 7 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  8. "How one Chevening Alumna is bring queer pride to her village". Chevening (en inglés). 7 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  9. Busari, Stephanie (20 de outubro de 2017). "The women risking their lives to fight homophobia in Africa". CNN. Video de Ed Kiernan. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  10. Lavers, Michael K. (21 de xaneiro de 2016). "Former Botswana president speaks in support of LGBT rights". Washington Blade (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  11. "Queer Literature and Culture: A dialogue with Katlego Kai Kolanyane-Kesupile". Africa in Dialogue (en inglés). 13 de novembro de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "NEW MUSIC: Kat Kai Kol-Kes, the transgender artist from Botswana, brings rain to the dancefloor with ‘My Body”". AfroPunk (en inglés). 17 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  13. Mahlinza, Luyanda (8 de xullo de 2015). "Ever heard of Post-pop Folk?". Cue Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar