O volcán Katla é un dos volcáns máis poderosos do sur de Islandia, localizado baixo o glaciar Mýrdalsjökull. Desde o ano 930 documentáronse dezaseis erupcións do Katla, a última das cales tivo lugar en 1918.

{{{Nome}}}
Latitude{{{Latitude}}}
Lonxitude{{{Lonxitude}}}
Localización{{{Localización}}}
Altitudem

Ten unha altura de 1.450 m. e a súa caldeira é de 10 km. de diámetro. O seu período entre erupcións é de 40 – 80 anos. Dado que a súa última erupción tivo lugar en 1918, este volcán está estreitamente monitorizado. Forma xunto co canón Eldgjá un sistema volcánico.

Antes de que se construíse o Hringvegur (a estrada principal ao redor da illa), atravesar as chairas situadas fronte ao volcán era perigoso debido aos frecuentes jökulhlaups (inundacións glaciares) e os profundos ríos que había que cruzar. Especialmente perigosa foi a corrente glaciar tras a erupción de 1918, cando a liña de costa quedou ampliada en 5 km por depósitos de correntes laháricas. Os lahares desa erupción chegaron a cubrir unha superficie de 125 km² de extensión.

VistaEditar

Vistas do volcán Katla desde Dyrhólaey.

 
Katla desde Dyrhólaey.

ReferenciasEditar

  • National Geographic España, novembro de 2006.

Véxase taménEditar

  • Volcáns de Islandia
  • Katla (serie de televisión)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar