Abrir o menú principal

Kathleen Barry

socióloga estadounidense

Kathleen Barry, nada en Syracuse, Nova York o 22 de xaneiro de 1941, é unha socióloga feminista estadounidense.[1] Activista en primeira liña do feminismo radical nos anos 60 e 70 foi pioneira na denuncia do tráfico de mulleres e a explotación sexual. Foi cofundadora da ONG Coalición Contra o Tráfico de Mulleres (CATW) que coa Unesco expuxo unha serie de propostas dirixidas á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas para que se considerase explicitamente como un dereito fundamental da persoa o estar libre da explotación sexual.[2][3] En 1985, recibiu o Premio da Fundación Wonder Woman polo seu compromiso no apoderamento das mulleres.[4] No presente é profesora emérita da Universidade Estatal de Pensilvania.

Kathleen Barry
Nacemento22 de xaneiro de 1941
 Syracuse
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of California, Berkeley Graduate School of Education
Ocupaciónsocióloga
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar