Kaspars Bērziņš
Kaspars Bērziņš, nado o 25 de agosto de 1985 en Ogre, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga no BC Šiauliai lituano. Cunha estatura de 2,13 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
BC Šiauliai – No. 14 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1985 (38 anos) Ogre |
Nacionalidade | Letonia |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2007 / Elección: Sen draftear |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
BK Skonto (2003–2004) |
Traxectoria profesional editar
Bērziņš comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Ogre. Máis tarde xogou no BK Skonto, no que debutou na tempada 2002-03. No ano 2004 fichou polo Unicaja Málaga da Liga ACB, pero apenas xogou co primeiro equipo. En 2005 volveu a Letonia para xogar no ASK Riga, e un ano máis tarde no Barons LMT, onde xogou as seguintes tres tempadas.
En xullo de 2009, xogou a Liga de Verán da NBA cos Phoenix Suns,[1] e ó remate asinou co Baloncesto Fuenlabrada. No ano 2010 xogou cedido no Cáceres Ciudad del Baloncesto, pero en xullo de 2010 asinou un contrato de dous anos co VEF Rīga.[2]
O 11 de febreiro de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[3]
Notas editar
- ↑ "Phoenix Suns Summer League roster 2009". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ "VEF RIGA tabs Kaspars Berzins". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ "El Rio Natura Monbus incorpora a Kaspars Berzins". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014.