Karrantza
Coordenadas: 43°13′31″N 3°21′34″O / 43.22528, -3.35944
Karrantza é un concello vasco da provincia de Biscaia, no extremo occidental da comarca Enkarterri. A súa poboación é de 2.794 habitantes (2011). Limita ao norte co val de Guriezo (Cantabria), ao sur co valle de Mena (Burgos), ao leste con Turtzioz, Lanestosa, Artzentales e o Valle de Villaverde (Cantabria), e polo oeste co Valle de Soba, Ramales de la Victoria e Rasines (Cantabria).
