Karina Gibert

enxeñeira informática e profesora universitaria catalá

Karina Gibert i Oliveras é unha enxeñeira informática catalá e profesora universitaria, especialista en intelixencia artificial e big data.

Karina Gibert
Nacemento1967
Alma máterUniversidade Politécnica de Cataluña e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónprofesora universitaria
PremiosPremi Creu Casas
Na rede
Dialnet: 613968
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Informática, na especialidade de Estatística Informática e Intelixencia Artificial, e fixo o doutoramento en Informática e un posgrao en Maxisterio Universitario.

Dende 1980, é docente da UPC e dende 2018, é catedrática da Universitat Politècnica de Catalunya - Barcelona Tech (UPC). Imparte diversas materias sobre estatística, análise multivariada, minería de datos, ciencia de datos e sistemas intelixentes de apoio á decisión.

É a cofundadora e actual directora do centro de investigación Intelligent Data Science and Artificisl Intelligence (IDEAI- UPC).[1] É vicedecana da Presidencia da Igualdade e Ética do Colexio Oficial de Enxeñaría en Informática de Cataluña desde 2020 (antiga vicedecana de Big Data, Data Science e Intelixencia Artificial ). Tamén é membro do grupo de traballo Catalonia.AI e participou na elaboración do Plan Estratéxico de IA do goberno catalán.

Tamén asesora á Comisión Europea en temas de ética e intelixencia artificial, e é editora da revista Environmental Modeling and Software.[2][3]

Premios e recoñecementosEditar

NotasEditar

  1. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-11-18. 
  2. Gibert, Karina (2020). "La IA a Catalunya, un ecosistema prometedor". Revista Idees (Centre d'Estudis de Temes Contemporanis de la Generalitat de Catalunya) (Núm. 48). ISSN 2385-765X. Consultado o 23 juliol 2020. 
  3. "Karina Gibert: "En enginyeria informàtica, la presència femenina és mínima"". ccma.cat (en catalán). 16 de decembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  4. Galicia, Economía en. "El Premio Ada Byron del CPEIG será compartido". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2022-06-19. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar