Abrir o menú principal

Kari ou Saturno XLV, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 2.

Kari ten uns 7 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 22,3051 millóns de kms en 1243,71 días, cunha inclinación orbital de 148,4° respecto da eclíptica (151,5° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,3405.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Kári era fillo Fornjót, personificación do vento na mitoloxía nórdica.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar