Karen Lachmann

esgrimista danesa

Karen Vilhelmine Lachmann, nada en Pequín o 30 de maio de 1916 e finada en Hellerup o 30 de setembro de 1962, foi unha tiradora de esgrima danesa, gañadora de dúas medallas olímpicas en florete.

Karen Lachmann
Nacemento30 de maio de 1916
Lugar de nacementoPequín
Falecemento30 de setembro de 1962
Lugar de falecementoGentofte
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónesgrimista
Na rede
IMDB: nm1118722 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Karen practicou esgrima desde nova, en 1931 entrou no club de esgrima Cirklen e a partir de 1935 pertenceu ao Trekanten. Competiu en catro Xogos Olímpicos 1936 en Berlín, 1948 en Londres, 1952 en Helsinqui e 1956 en Melbourne. En todos eles chegou á final cos seguintes resultados: En 1936 chegou á quinta praza, en 1948 levou a medalla de prata, en 1952 a de bronce e en 1956 quedou de sexta.

Logrou grandes resultados noutras competicións, en 1937 foi bronce co equipo danés nos mundiais, logrando o ouro nas edicións de 1947 e 1948 e a prata en individual en 1949. Deixou de competir por un tempo por problemas nas costas pero xa en 1951 volveu á alta competición, gañaou o campionato danés e foi prata nos mundiais dese ano e ouro individual en 1954, ademais gañou todos os campionatos nacionais daneses entre 1951 e 1957. En 1958 tivo que deixar a competición para someterse a unha nova operación pero en 1959 volveu gañar os campionatos nacionais.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi brevemente membro do consello da Federación Danesa de Esgrima, foi tamén presidenta do seu club, o Trekanten, desde 1955 ata a súa morte e membro do Comité Olímpico Danés en 1962 pouco antes de morrer.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar