Karel Bossart

Karel Jan Bossart, nado o 9 de febreiro de 1904 en Antuerpen (Bélxica) e finado o 3 de agosto de 1975, foi un enxeñeiro e deseñador de foguetes espaciais.[1][2]

Karel Bossart
Karel Jan Bossart.jpg
Nacemento9 de febreiro de 1904
Lugar de nacementoAntuerpen
Falecemento3 de agosto de 1975
Lugar de falecementoSan Diego, California
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Libre de Bruxelas e Universidade Libre de Bruxelas
Ocupaciónenxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Bossart graduouse en enxeñaría de camiños en 1925 na Universidade de Bruselas. Conseguiu unha bolsa da Fundación Belgo-Americana para a Educación para poder estudar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, especializándose en estruturas de aeronaves. Quedou a traballar nos Estados Unidos en varias compañías aéreas, incluíndo Edward Budd Manufacturing Company, onde se familiarizou co uso do aceiro inoxidábel na fabricación vagóns de tren. En 1945 chegou a xefe de estruturas de Convair (daquela, Consolidated-Vultee Aircraft) en California, entrando en contacto co mundo da foguetería durante o proposta de Convair para o proxecto MX-774 da Forza Aérea para deseñar un mísil capaz dun alcance de 8000 km. Bossart convenceu á Forza Aérea de pasar á fase de programa de probas para o MX-774, usando algunhas das súas innovadoras ideas, como o uso de tanques de propelente presurizados monocasco que serían a base dos mísiles e foguetes Atlas. O proxecto MX-774 foi cancelado en 1947 tras varios lanzamentos non completamente exitosos e debido á falta de fondos, pero despois da detonación da primeira bomba nuclear soviética en 1949 foi retomado na forma do proxecto MX-1593, comezado en 1951 e con Bossart á cabeza tras gañar Convair o contrato para o seu desenvolvemento. Bossart renomeu o proxecto como Atlas en honor ao titán mitolóxico. En 1957 Bossart foi nomeado Director Técnico de Aeronáutica en General Dynamics (agora propietaria de Convair) e o 17 de decembro dese mesmo ano tivo lugar o primeiro voo exitoso dun mísil Atlas. Ao ano seguinte a Forza Aérea concedeulle un premio polo seu traballo e contribucións ao desenvolvemento do primeiro mísil balístico intercontinental estadounidense. En 1959 gañou o trofeo Collier. Bossart retirouse en 1967, finando oito anos despois.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Bossart, Karel Jan 'Charlie'" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 New Mexico Museum of Space History, ed. (2021). "Karel J. Bossart" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar