Kannuwara

Kannuwara foi unha cidade da Terra Alta Hitita, non lonxe da fronteira de Hayasa.

Aproveitando que o rei Mursilis II fora chamado polo "hepat" (sacerdote) de Kummani para celebrar un festival relixioso e saíu da zona raiana deixando as operacións ao seu xefe de viños (alto cargo da corte) Nuwanza, Anniya de Azzi e Hayasa atacou Istitina e Kannuwara; a primeira foi destruída, pero a segunda resistiu o ataque e expulsou aos atacantes que tiveron que a asediar. O rei ordenou unha saída, pero Nuwanza consultou os presaxios que non eran favorábeis e non se fixo; Niwanza informou ao rei. Este deixou pasar un tempo e despois pediu uns novos auspicios que, loxicamente, agora serían favorábeis, e enviou ao príncipe Anana-ziti a Nuwanza para lle comunicar os novos augurios e que podía saír adiante; fíxose a saída, e os asediantes serían derrotados e un gran número deles morreu.