Abrir o menú principal

Kamala Surayya

escritora india
(Redirixido desde "Kamala Das")

Kamala Surayya (en malayalam: കമല സുറയ്യ), nada como Kamala o 31 de marzo de 1934 e finada o 31 de maio de 2009, foi unha escritora india popularmente coñecida co nome Madhavikutty ou co nome de casada Kamala Das. Foi unha poeta en inglés e un dos principais autores en lingua malayalam de Kerala, India. A súa popularidade en Kerala baséase nas súas historias curtas e na súa autobiografía, mentres que a súa obra en inglés, escrita baixo o nome de Kamala Das, salienta polos seus poemas e pola súa autobiografía explícita. Tamén foi columnista en xornais e escribiu sobre diferentes temas, como a situación das mulleres, o coidado dos nenos ou a política.

Kamala Surayya
Kamala das.jpg
AlcumeMadhavi Kutty
Nacemento31 de marzo de 1934
 Punnayurkulam
Falecemento31 de maio de 2009
 Pune
NacionalidadeIndia e Raj Británico
RelixiónIslam
Alma máterManipal University
Ocupaciónpoeta, contista, autobiógrafa e escritora
NaiBalamani Amma
Coñecido/a porMy Story
PremiosSahitya Akademi Award
editar datos en Wikidata ]

O seu tratamento aberto e honesto da sexualidade feminina, libre e sen sentido de culpabilidade, animouna a escribir mais tamén a marcou como unha iconoclast da súa xeración.[1] O 31 de maio de 2009, con 75 anos, morreu nun hospital de Pune.[2]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha familia hindú conservadora (Nalapat) con devanceiros na realeza. Converteuse ó islam o 11 de decembro de 1999, con 65 anos e adotou o nome de Kamala Surayya.

ObrasEditar

InglésEditar

Novela
  • 1976: Alphabet of Lust
Autobiografía
Historias curtas
  • 1977: A Doll for the Child Prostitute
  • 1992: Padmavati the Harlot and Other Stories
Poesía
  • 1964: The Sirens
  • 1965: Summer in Calcutta
  • 1967: The Descendants
  • 1973: The Old Playhouse and Other Poems (traducido ó galego como "A vella casa de xoguetes e outras historias" por Yolanda López López)
  • 1977: The Stranger Time
  • 1979: Tonight, This Savage Rite (with Pritish Nandy)
  • 1984: Collected Poems
  • 1985: The Anamalai Poems
  • 1997: Only the Soul Knows How to Sing
  • 1999: My Mother At Sixty-six
  • 2001: Yaa Allah

MalayalamEditar

  • 1964: Pakshiyude Manam (historias curtas)
  • 1966: Naricheerukal Parakkumbol (historias curtas)
  • 1968: Thanuppu (historia curta)
  • 1982: Ente Katha (autobiografía)
  • 1987: Balyakala Smaranakal (memorias da infancia)
  • 1989: Varshangalkku Mumbu (novela)
  • 1990: Palayan (novela)
  • 1991: Neypayasam (historia curta)
  • 1992: Dayarikkurippukal (novela)
  • 1994: Neermathalam Pootha Kalam (novela)
  • 1996: Kadal Mayooram (novela curta)
  • 1996: Rohini (novela curta)
  • 1996: Rathriyude Padavinyasam (novela curta)
  • 1996: Aattukattil (historias curtas)
  • 1996: Chekkerunna Pakshikal (historias curtas)
  • 1998: Nashtapetta Neelambari (historias curtas)
  • 2005: Chandana Marangal (novela)
  • 2005: Madhavikkuttiyude Unmakkadhakal (historias curtas)
  • 2005: Vandikkalakal (novela)

NotasEditar

  1. "The Rediff Interview/ Kamala Suraiya". Rediff.com. 19 de xullo de 2000. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  2. "PM mourns Kamala Das's death, praises her sensitive". Chennai, India: The Hindu. 31 de maio de 2009. Consultado o 4 de xuño de 2009. 

Véxase taménEditar