Kalvakuntla Kavitha

política india

Kalvakuntla Kavitha, nada en Karimnagar o 13 de marzo de 1978 é uha política india, membro do partido Telangana Rashtra Samithi (TRS)[1], foi a primeira muller parlamentaria polo estado de Telangana no Lok Sabha.

Infotaula de personaKalvakuntla Kavitha

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Medak, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the 16th Lok Sabha (en) Traducir

Lexislatura: 16th Lok Sabha (en) Traducir

Circunscrición electoral: Nizamabad Lok Sabha constituency (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónStanley Girls High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBharat Rashtra Samithi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hindi Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiK. Chandrashekar Rao (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsK. T. Rama Rao (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do político Kalvakuntla Chandrashekhar Rao, o fundador do TRS, a organización que liderou o movemento para a formación do estado de Telangana que se realizou en 2014 e o seu primeiro ministro en xefe. Kavitha graduouse en ciencia e tecnoloxía no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía VNR Vignana Jyothi e en ciencias da computacón na Universidade do Sur de Mississippi. Tras rematar os estudos traballou como enxeñeira de software nos Estados Unidos ata que en 2003 volveu á India. En 2008 fundou[2] a organización Telangana Jagruthi, unha ONG que traballa entre as mulleres e a mocidade. En especial, Kavitha axudou á expansión da celebración Bathukamma, un festival floral propio de Telangana, fóra da India[3].

Tras a formación do estado de Telangana en 2014, Kavitha participou para as eleccións ao Lok Sabha na circunscrición de Nizamabad e logrou o escano con ampla vantaxe[4]. Ademais dende 2015 é a primeira comisionada xefa da Asociación Bharat de Scouts e Guías de Telangana[5]. Nas eleccións de maio de 2019 perdeu[6] o escano fronte ao candidato do BJP Dharmapuri Arvind pero volveu á política activa tras lograr, nunhas eleccións parciais, un escano para o Consello Lexislativo de Telangana, a cámara alta estatal, polo distrito de autoridades locais de Nizamabad[7].

Notas editar

  1. "Kalvakuntla, Smt. Kavitha". Lok Sabha. 
  2. "Founder". Telangana Jagruthi. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  3. "Kavitha takes Bathukamma to London, celebrates with NRTs". New Indian Express, 2 de outubro de 2016
  4. "Lok Sabha Constituency Nizamabad". News18. 
  5. "Bharat Scouts and Guides in private institutions soon". The Hindu, 2 de setembro de 2015
  6. "The big reason behind KCR'S daughter Kavitha's defeat in Nizamabad". The New Indian Express. 25 de maio de 2019. 
  7. "Kavitha Kalvakuntla wins Nizamabad MLC election securing 728 votes". India Today. 12 de outubro de 2020.