Kalpana Chawla

Astronauta estadounidense

Kalpana Chawla foi unha astronauta estadounidense nada en Karnal (India) e que formou parte das misións STS-87 e STS-107, na que faleceu xunto co resto da tripulación. Pasou un total de 31,62 días no espazo.[1][2]

Kalpana Chawla
Datos persoais
Nacemento17 de marzo de 1962
LugarKarnal
Falecemento1 de febreiro de 2003
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-107 e STS-87
Tempo no espazo31,62 días
PremiosMedalla de Honra Espacial do Congreso, Order of Merit (Ukraine), 3rd class, NASA Space Flight Medal e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Chawla naceu o 1 de xullo de 1961 en Karnal, India. Era graduada en enxeñería aeronáutica pola Facultade de enxeñería do Punjab en 1982 e máster en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Texas en 1984, disciplina da que se doutorou pola Universidade de Colorado en 1988.[1][2]

Foi seleccionada pola NASA en decembro de 1994 e tras varios postos dentro da NASA participou na súa primeira misión, a STS-87, en 1997. Chawla faleceu xunto co resto da tripulación á volta da súa segunda misión, a STS-107, na que o transbordador espacial Columbia desintegrouse durante a súa reentrada atmosférica.[1][2]

Recoñecementos editar

O asteroide 51826 Kalpanachwla e o cráter da Lúa Chawla recibiron estes nomes na súa honra.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "KALPANA CHAWLA (PH.D.) - NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chawla, Kalpana" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 
  3. Altschuler e Ballesteros (2016)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1
  • Schatz, Kate. Mujeres radicales del mundo : artistas, atletas, piratas, punks y otras revolucionarias del mundo que han hecho historia. ISBN 978-84-948086-2-3,

Outros artigos editar