KalPa Naiset

(Redirección desde «Kalevan Pallo Naiset»)

Kalevan Pallo Naiset, ou simplemente KalPa Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Olvi Areena, un pavillón con capacidade para 5 300 persoas.

KalPa Naiset
Fundación1989
Cidade Kuopio,
Savonia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioOlvi Areenalla
(5 300 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos0
AdestradorFinlandia Mika Väärälä
Afiliado(s)KalPa Akatemia (Naisten Suomi-sarja)
CoresAmarelo e negro
           
Na rede
https://www.juniorikalpa.fi/joukkueet/5446
Facebook: kalpanaiset Instagram: kalpanaiset Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O KalPa participou por primeira vez nunha liga feminina na tempada 1988–89, cando finalizou na última posición da I-divisioona, na que competían un total de seis equipos. Con todo, o equipo feminino xerou interese e reuniu as maiores audiencias da categoría, con 270 persoas nas bancadas nos seus partidos como local e 155 nos partidos que xogou como visitante. Esa tempada, na que tan só xogaron dez partidos, as máximas puntuadoras foron Nana Lamberg (2+0=2), Tuula Kuhmoinen (1+1=2) e Marika Lentz (1+1=2).[1]

Na tempada 1990–91 o equipo debutou na Naisten SM-sarja, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finés, finalizando na derradeira posición cos mesmos puntos que o SaiPa de Lappeenranta, co cal tivo que xogar un partido para decidir cal dos dous equipos se xogaba a permanencia. As de Lappeenranta leváronse o partido por tres goles a un e as xogadoras do KalPa tiveron que xogar unha serie ao mellor de tres partidos fronte o JoKP de Joensuu, primeiro clasificado do Grupo A da I-divisioona e que non conseguira o ascenso directo ante o Ketterä de Imatra. O KalPa comezou gañando o primeiro partido 2-3 na prórroga, mais o equipo carelio conseguiu a igualada no segundo partido (2-3), deixándoo todo por decidir no encontro decisivo, no que se acabaron impoñendo as de Kuopio (4-3).[2][3]

O seu maior éxito chegou na tempada 2019-20, cando o equipo disputou a final da Naisten Liiga fronte a Kiekko-Espoo, se ben a final non chegou a disputarse por mor da pandemia por coronavirus.[4] Con todo, na tempada seguinte conseguiu de novo chegar á final, de novo fronte ao equipo de Espoo, contra o que caeu en catro partidos (3-1).[5]

Personalidades editar

Xogadoras editar

Cadro actual editar

Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[6]

# Nac Xogador/a Posición[a] S/G[b] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
24   Kivi, MirkaMirka Kivi G E (21 anos)
31   Laitinen, AinoAino Laitinen G (21 anos) Sonkajärvi, Finlandia
37   Juutilainen, JennaJenna Juutilainen G E (34 anos) Varkaus, Finlandia
55   Ranne, TiinaTiina Ranne G E (29 anos) Harjavalta, Finlandia
5   Mäkelä, ElliElli Mäkelä (A) D E (23 anos) Kotka, Finlandia
6   Timonen, AnniAnni Timonen D D (21 anos) Turku, Finlandia
7   Rantala, SanniSanni Rantala D D (21 anos) Riihimäki, Finlandia
11   Makkonen, AdalmiinaAdalmiina Makkonen D E (20 anos) Oulu, Finlandia
16   Koljonen, TanjaTanja Koljonen (A) D E (28 anos) Mikkeli, Finlandia
28   Keinonen, MimmiMimmi Keinonen D E (20 anos)
45   Pohjala, VeeraVeera Pohjala D E (22 anos)
2   Katajisto, InkaInka Katajisto F E (24 anos)
9   Sneck, VilmaVilma Sneck F E (22 anos)
10   Holopainen, ElisaElisa Holopainen (A) F E (22 anos) Tuusniemi, Finlandia
12   Kastikainen, LiisaLiisa Kastikainen F E (23 anos) Outokumpu, Finlandia
13   Makkonen, AlisaAlisa Makkonen F E (20 anos)
14   Lappi, Ella-MariaElla-Maria Lappi F E (25 anos) Elimäki, Finlandia
17   Juutilainen, JohannaJohanna Juutilainen (C) F E (34 anos) Varkaus, Finlandia
18   Keränen, TilliTilli Keränen F E (19 anos) Vihti, Finlandia
19   Rönkä, ErikaErika Rönkä F E (18 anos)
21   Kortelainen, KaislaKaisla Kortelainen F E (22 anos)
23   Tirkkonen, EmmiEmmi Tirkkonen F E (19 anos)
26   Hietala, JennaJenna Hietala F (20 anos) Oulainen, Finlandia
27   Sano, LunasaLunasa Sano F E (25 anos)
49   Paroinen, VeeraVeera Paroinen F E (19 anos)


Palmarés editar

Trofeos colectivos editar

SM-sarja/Naisten liiga
  • 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2021[7]
  • 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1995, 1996, 2017, 2023, 2024[7]

Notas editar

  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. "KalPa" (en finés). Leijonat.fi. 4 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  2. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  3. "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  4. "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  5. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Maalikooste: Kapteeni Rajahuhta laukoi mestaruusmaalin – Kiekko-Espoo voitti Naisten Liigan mestaruuden" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  6. "KOKOONPANO KalPa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  7. 7,0 7,1 "KalPan naisille SM-hopeaa" (en finés). juniorikalpa.fi/. 26 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar