Kadambini Ganguly

médica india

Kadambini Ganguly (bengalí: কাদম্বিনী গাঙ্গুলি) nada en Bhagalpur o 18 de xullo de 1861 e finada en Calcuta o 3 de outubro de 1923, foi con Anandibai Joshi unha das primeiras dúas mulleres doutoras da India así como de todo o Imperio Británico. Kadambini foi tamén a primeira muller de Asia Meridional en graduarse en medicina occidental.

Infotaula de personaKadambini Ganguly

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) কাদম্বিনী গঙ্গোপাধ্যায় Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1862 Editar o valor em Wikidata
Bhagalpur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1923 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Calcuta Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
EducaciónBethune College (en) Traducir
Medical College and Hospital, Kolkata (en) Traducir
Universidade de Calcuta
Edinburgh College of Medicine for Women (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido do Congresso Nacional Indiano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDwarkanath Ganguly (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJyotirmayee Gangopadhyay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDwijendranath Basu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Kadambina era a filla do reformador brahmo Braja Kishore Basu e naceu en Bihar, entón na India Británica. Así e todo, a familia era bengalí, orixinaria de Chandsi, na rexión de Barisal que dende a súa creación forma parte de Bangladesh. O seu pai era o director da escola de Bhagalpur e canda Abhay Charan Mallick comezou o movemento para a emancipación das mulleres en Bhagalpur ao crear a organización Bhagalpur Mahila Samiti en 1863, a primeira da súa clase na India.

Kadambini comezou a súa educación na Banga Mahila Vidyalaya de Calcuta e en 1878 converteuse na primeira muller en superar o exame de admisión para a Universidade de Calcuta mentres estaba na Bethune School, e en parte polo recoñecemento dos seus esforzos foi que se transformou en Bethune College con estudos de First Arts (FA) e cursos de graduación a partir de 1883. Kadambina e Chandramukhi Basu foron as primeiras alumnas graduadas no novo centro universitario e como tales as primeiras mulleres graduadas no país e en todo o Imperio Británico. Kadambini entrou na Facultade de Medicina en 1883, a pesar de fortes críticas no seo dunha sociedade aínda maioritariamente oposta á igualdade de dereitos para as mulleres e en 1886 graduouse en medicina ao que a tornaba na primeira muller médica cun título de medicina occidental en toda Asia meridional[1]. En 1888 comezou a exercer no Hospital Lady Dufferin de Karachi, que era un establecemento para mulleres. En 1893 viaxou ao Reino Unido e realizou cursos de especialización para lograr o diploma de licenciatura do Royal College of Physicians de Edimburgo (LRCP), do Royal College of Surgeons de Glasgow (LRCS) e da Faculty of Physicians and Surgeons de Dublín (LFPS).[2]. Á volta á India designárona superintente do hospital e en 1894 exerceu como doutora ao cargo das pacientes externas doutro hospital feminino, o Hospital Eden de Calcuta e mais tamén foi lectora das estudantes da Escola de Medicina Campbell[3]. Pouco tempo despois pasou á práctica privada, e en 1895-1896 tratou á raíña nai do Nepal con bos resultados, o que provocou que outras familias reais tamén acudisen a ela[4].

Fixo activamente campaña polos dereitos das mulleres e en 1889 foi unha das primeiras seis mulleres elixidas[5] para acudir á quinta sesión do Congreso Nacional Indio que se celebrou en Bombai e en 1890 no sexto foi a primeira muller en se dirixir á asemblea do CNI[6]. A súa actividade pública supuxo un enfrotamento cunha parte da sociedade india, e mesmo en 1891 a revista Bangabashi denominouna "puta" o que non logrou o cesamento da súa determinación. O seu marido, Dwarkanath Ganguly, levou o caso ao tribunal e, finalmente, logrou unha sentenza de prisión de 6 meses para o editor Mahesh Pal[2][7]. En 1906 coordinou unha conferencia de mulleres nos que xuntou ás esposas dos delegados do CNI que asistían á sesión do partido[8]. En 1922 unha comisión de investigación gobernamental comisionouna coa poeta Kamini Roy para indagar nas condicións das mulleres empregadas nas minas de carbón en Bihar e Orissa[4].

Notas editar

  1. Así e todo, pola hostilidade de varios dos seus profesores non recibiu un Bachelor of Medicine senón un Graduate of Medical College, Bengal, o que lle permitía practicar a medicina pero baixo a supervisión de doutores homes. Gayathri Ponvannan (2019) "Kadambini Ganguly" in Unstoppable: 75 Stories of Trailblazing Indian Women. Hachette India
  2. 2,0 2,1 Amrith R. Rao , Omer Karim e Hanif G. Motiwala. "1071: The Life and Work of Dr Kadambini Ganguly, the First Modern Indian Woman Physician". The Journal of Urology. p. 354. 
  3. Maroona Murmu (2019). Words of Her Own: Women Authors in Nineteenth-Century Bengal. Oxford University Press. 
  4. 4,0 4,1 B. K. Sen (setembro-outuro de 2014). "Kadambini Ganguly – An Illustrious Lady" (PDF). Science and Culture. pp. 271–274. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2020. Consultado o 07 de outubro de 2020. 
  5. Anne Hardgrove. "Ganguly, Kadambini". En Bonnie G. Smith. Oxford Encyclopedia of Women in World History I. Oxford University Press. p. 346. 
  6. Nirmal Sinha (1968). Freedom Movement in Bengal: 1818-1904: Who's who. Education Department, Government of West Bengal. p. 418. 
  7. Amit Das e Biswajit Roy (3 de abril de 2018). "Dwarakanath Ganguly. A Forgotten Hero". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2020. Consultado o 07 de outubro de 2020. 
  8. Geraldine Forbes (2005). Women in Colonial India: Essays on Politics, Medicine, and Historiography. Chronicles Books. p. 30.