Junts per Catalunya (partido político)

partido político catalán
(Redirección desde «JxCAT»)

Junts per Catalunya (abreviado Junts ou JxCat) é un partido político de ideoloxía independentista catalá e apostas transversais mediante o enfrontamento unilateral coa España democrática e a internacionalización do conflito catalán.[1]

Junts per Catalunya
Dirixentes e organización
LíderCarles Puigdemont
Historia
Fundación11 de xullo de 2018
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán, republicanismo, europeísmo
Representación
Parlamento de Cataluña
32 / 135
Congreso dos Deputados
4 / 350
Senado de España
5 / 208
Parlamento europeo
3 / 705
Outros datos
Na rede
https://junts.cat
Facebook: JxCatalunya Twitter: JuntsXCat Instagram: juntspercat Telegram: juntsxcat Flickr: 154688639@N02 Editar o valor em Wikidata

A fundación deste partido foi a iniciativa do expresidente catalán Carles Puigdemont xunto con varios membros da coalición homónima Junts per Catalunya (tanto de CNxR -por exemplo, Jordi Sánchez e Elsa Artadi- como do PDeCAT -Jordi Turull, Josep Rull, Joaquim Forn, entre outros— e exmembros de ERCToni Comín, Josep Costa, Eusebi Campdepadrós, entre outros) co fin de reestruturar este espazo baixo un partido político unificado, que aspira a ser a "corrente central do catalanismo" baixo un claro "liderado".

O seu proceso congresual comezou en xullo de 2020 (a pesar de ter sido rexistrado no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xullo de 2018) e non debe confundirse coa coalición Junts per Catalunya. O partido foi creado en xullo de 2020 por Carles Puigdemont, despois de anunciar a súa creación trala ruptura das negociacións co Partido Demócrata Europeo Catalán (PDeCAT) sobre a reorganización do espazo político que inclúe a marca Junts per Catalunya, na que se atopan os posconverxentes[2][3] xunto con cargos electos doutras tradicións políticas.

O congreso fundacional do partido tivo lugar entre o 25 de xullo e o 3 de outubro de 2020, despois de que fose anunciado o 18 de xullo, coa presentación pública de imaxes e identidade corporativa por parte de Elsa Artadi e Marta Madrenas.[4][5]

O novo partido, Junts, naceu da fusión da Crida Nacional per la República (CNxR),[6][7][8] Acció per la República (AxR), Els Verds-Alternativa Verda (EV–AV) e algunhas correntes do PDeCAT[9][10] —como Reagrupament (RI.cat)[11]-, mais tamén incorporou membros dos partidos Demòcrates de Catalunya (DC), Moviment d'Esquerres (MES), Solidaritat Catalana per la Independència (SI) e intentou incorporar membros da CUP,[12] así como os independentistas unilaterais de Esquerra Republicana.[13]

Orixe editar

Antecedentes editar

Despois da separación da coalición Convergència i Unió en xuño de 2015,[14][15] [17] [18] a nova organización, Convergència Democràtica de Catalunya, formou parte da coalición Junts pel Sí xunto a varios partidos cataláns (incluído ERC) para se presentaren ás eleccións catalás de setembro de 2015,[16][17] mais en xullo de 2016, CDC suspendeu a actividade política do partido,[18][19] promovendo a formación do novo Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCat) este mesmo mes.[20] A anterior CDC mantíñase a nivel formal formando co novo PDeCat a coalición Junts per Catalunya, que concorreu ás eleccións catalás de decembro de 2017.[21][22]

O 11 de xullo de 2018, Junts per Catalunya, rexistrouse formalmente como partido político no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior, con sede na Rambla de Catalunya e baixo a presidencia de Laia Canet.[23][24] De xeito paralelo, en xullo de 2018, o espazo máis próximo ao expresidente Carles Puigdemont (con sede en Bélxica) decidiu promover o movemento político da Crida Nacional per la República (CNxR) co fin de proporcionar unha nova ferramenta á causa independentista,[25][26] que se rexistraría como partido político o 8 de xaneiro de 2019.

Rexistro do partido (xullo 2018-xullo 2020) editar

Despois do seu rexistro, permaneceu á sombra da coalición homónima Junts per Catalunya, da que pasa a formar parte xunto aos partidos CDC e PDeCAT. Nos seus dous primeiros anos de existencia non teñen actos propios, nin organigrama definitivo, nin simboloxía ou nomenclatura diferentes á coalición, que participa nas eleccións xerais, municipais e europeas de 2019, esta última baixo o nome Lliures per Europa (Junts).

Ruptura da coalición Junts per Catalunya e congreso fundacional (xullo-outubro 2020) editar

A principios de xullo de 2020, as negociacións entre o espazo máis próximo ao expresidente Puigdemont (CNxR) e o PDeCAT sobre a necesidade de reestruturar o espazo político da coalición Junts per Catalunya quedan rachadas.[27][28] Mentres o PDeCAT propugnaba a continuación do modelo de coalición, mantendo o PDeCat como un partido de centro dereita independente, a comitiva de Puigdemont propugnaba a creación dun novo partido político máis progresista e claramente unilateralista.[28][29][30]

Como consecuencia das eivas nas negociacións, a contorna de Puigdemont fíxose co control do partido, cambiando tanto a súa sede (da rambla de Catalunya á avenida Diagonal) igual cá presidencia, que pasou de Laia Canet a Carles Valls (alcalde de Balenyà)[31] acción duramente criticada polo PDeCAT, que consideraba ao partido "Junts per Catalunya" como marca rexistrada da súa propiedade.[32][33]

O congreso fundador, despois de ser anunciado para o 18 de xullo, tivo lugar coa presentación pública de imaxes e identidade corporativa por Elsa Artadi e Marta Madrenas,[34][35] entre o 25 de xullo de 2020 e o 3 de outubro de 2020, período durante o cal tamén houbo sesións en liña na que participaron moitos dos altos cargos da coalición Junts per Catalunya como Marta Madrenas, Elsa Artadi, Laura Borràs, Meritxell Budó ou o propio Carles Puigdemont. Durante o proceso do Congreso, o Partido permitiu aos seus membros a dobre militancia con outros partidos,[36] ao ter que resolver o organigrama, os estatutos e a súa relación co PDeCAT.[37][38]

O partido renovou a Executiva a través dunha consulta en liña cos seus membros, con Carles Puigdemont elixido presidente do partido (co 99,3% dos votos) e Jordi Sànchez como secretario xeral co 94,2% dos votos.[39][40] Os vicepresidentes elixidos foron Jordi Turull, Elsa Artadi, Josep Rius e Anna Erra.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021 editar

O 27 de decembro de 2020, o partido iniciou o proceso para recoller os avais necesarios para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021, pois era a primeira vez que se presentaba ás eleccións parlamentarias, tendo en conta que o PDeCAT mantiña os seus dereitos electorais,[42] e durante o mes de novembro levouse a cabo un proceso de eleccións primarias para elixir a candidatura á presidencia da Generalitat na que saíu vencedora Laura Borràs que gañou co 80% dos votos.[41]

O 29 de decembro, o partido anunciou un acordo con Demòcrates de Catalunya, a través do cal os seus candidatos se unirían á lista de Junts.[42] O 31 de decembro, o Moviment d'Esquerres tamén aprobou a adhesión á lista de Junts per Catalunya[43] e, finalmente, a mlitancia do partido validaron a composición das listas electorais, participando 2.644 persoas; é dicir, o 51,56% dun total de 5.128 militantes.[44] A lista electoral para Barcelona estaba encabezada por Carles Puigdemont, con Laura Borràs de número 2. A lista electoral para Xirona estaba encabezada por Gemma Geis. A lista electoral para Lleida estaba encabezada por Ramon Tremosa. A lista electoral para Tarragona estaba encabezada por Albert Batet. O partido obtivo 568.002 votos, o 20,04%, situándose no terceiro posto por detrás de PSC e ERC, e sendo o primeiro en Xirona.[45]

Notas editar

  1. Redacción (3 de outubro de 2020). "JxCat: confrontació amb l'Estat i intervenció de la UE per fer el referèndum". elnacional.cat (en catalán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. Barrena, Xabi (25 de xullo de 2020). "Puigdemont: entre el fuego y las brasas". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  3. Masreal, Fidel; Sastre, Daniel G. (3 de xullo de 2020). "Puigdemont anuncia la creación de un partido al margen del PDECat". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  4. Regué, Júlia (18 de xullo de 2020). "JxCat transige por ahora con la doble militancia". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  5. Redacción (18 de xullo de 2020). "JxCat presenta el logo Junts per preparar el nou partit que impulsa Puigdemont". ccma.cat (en catalán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  6. Quitian, Sergi (8 de xullo de 2020). "La dirección de la Crida apuesta por disolver la entidad y sumarse al partido de Puigdemont". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  7. Gisbert, Josep (16 de xullo de 2020). "La Crida se convertirá en fundación del nuevo partido de Carles Puigdemont". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  8. Redacción (19 de xullo de 2020). "La Crida aprueba convertirse en fundación del partido de Puigdemont". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  9. Quitian, Sergi (25 de xullo de 2020). "El partido de Puigdemont echa a andar con los asociados del PDECat a la fuga". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  10. Valls, Fernando H. (15 de xullo de 2020). "Puigdemont plantea llevar las catalanas a noviembre y enreda los PGE a Sánchez". lainformacion.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  11. Redacción (24 de xullo de 2020). "Reagrupament se desliga del PDeCAT y apoya el nuevo partido de Puigdemont". lavanguardia.com. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  12. Lamelas, Marcos (17 de xuño de 2020). "La coalición de Puigdemont busca romper la CUP, sumar a Demòcrates y diluir el PDeCAT". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  13. Reino, Cristian (25 de xullo de 2020). "Puigdemont lanza un nuevo partido para competir contra Esquerra". elcomercio.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  14. Gisbert, Josep (14 de xuño de 2020). "Los cinco días que dinamitaron CiU". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  15. Noguer, Miquel (18 de xuño de 2015). "La ruptura de CiU da vía libre a Mas para volcarse en su plan soberanista". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  16. Redacción (20 de xullo de 2015). "Candidatura conjunta de CDC-ERC se denomina "Junts pel sí" (Juntos por el sí)". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  17. De diego, Sara (10 de agosto de 2015). "La lista de 'Junts pel Sí' de Artur Mas y Oriol Junqueras roza los 32.000 candidatos". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  18. Redacción (8 de xullo de 2016). "CDC clausura el último congreso de sus 42 años de historia y abre una nueva etapa". europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  19. Sallés, Quico (7 de xullo de 2016). "La historia de CDC en 3 asambleas y 15 congresos". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  20. Axencias (10 de xullo de 2016). "La nueva CDC se llamará Partit Demòcrata Català". expansion.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  21. Lamela, Marcos (25 de novembro de 2017). "El PDeCAT va el 21-D en coalición consigo mismo para cobrar las subvenciones de CDC". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  22. Redacción (13 de novembro de 2017). "Junts per Catalunya, la marca electoral de Puigdemont y el PDeCAT". cronicaglobal.elespanol.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  23. Gisbert, Josep (9 de xullo de 2020). "La pugna por el control de JxCat abre un nuevo frente con Puigdemont". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  24. Masreal, Fidel (10 de xullo de 2020). "Puigdemont arrebata al PDECat la marca Junts per Catalunya". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  25. Masreal, Fidel (17 de xullo de 2018). "Puigdemont impulsa la Crida Nacional para superar instrumentos "caducos"". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  26. Redacción (16 de xullo de 2018). "DOCUMENTO: El manifiesto del movimiento de Puigdemont, Crida Nacional per la República". elnacional.cat (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  27. redacción (3 de xullo de 2020). "La JNC pide al PDeCAT y la Crida no romper con las negociaciones para consolidar el espacio de JxCat". europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  28. 28,0 28,1 Masreal, Fidel (8 de xullo de 2020). "Las cinco causas del divorcio Puigdemont - PDECat". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  29. Fernández, A. (25 de xullo de 2020). "Puigdemont abre ciclo político en Cataluña con su partido y el 1-O como única ideología". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  30. García Pagán, Isabel (5 de xullo de 2020). "Puigdemont y el PDECat libran su último pulso en pleno esprint electoral". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  31. Orriols, Núria (7 de xullo de 2020). "Puigdemont mou peça per quedar-la hi marca JxCat". ara.cat (en catalán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  32. Redacción (10 de xullo de 2020). "El PDeCAT acusa a Puigdemont de romper "la palabra dada" y los acuerdos sobre la marca de JxCat". europapress.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  33. García, Luis B. (14 de xullo de 2020). "El PDECat concurrirá a las elecciones “de una forma u otra”pero no descarta el acuerdo con JxCat". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  34. Regué, Júlia (18 de xullo de 2020). "JxCat transige por ahora con la doble militancia". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  35. redacción (18 de xullo de 2020). "JxCat presenta el logo Junts per preparar el nou partit que impulsa Puigdemont". ccma.cat (en catalán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  36. Regué, Júlia (19 de xullo de 2020). "Junts per Catalunya permite por ahora la doble militancia con el PDECat". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  37. Axencias (19 de xullo de 2020). "El nuevo partido de Puigdemont revela su identidad: Junts". niusdiario.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  38. Quitian, Sergi (29 de xullo de 2021). "Tregua temporal entre sectores del PDECat". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  39. Tort, Àlex (10 de agosto de 2020). "Junts constituye su directiva mientras cierra la puerta a una coalición electoral con el PDECat". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  40. Baquero, Camilo S. (9 de agosto de 2020). "Puigdemont logra el 99% de los votos y liderará su partido". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  41. Orriols, Núria (29 de novembro de 2020). "Els afiliats de JxCat fan Borràs presidenciable per àmplia majoria". ara.cat (en catalán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  42. Redacción (29 de decembro de 2020). "Junts per Catalunya i Demòcrates es presentaran plegats a les eleccions del 14-F". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  43. Redacción (31 de decembro de 2020). "Moviment d’Esquerres també deixa ERC per anar a la llista de JxCat". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  44. Bella, Emili (2 de xaneiro de 2021). "Les bases de JxCat validen les llistes definitives per al 14-F". elpuntavui.cat (en catalán). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  45. "El PSC guanya a Barcelona i a Tarragona 18 anys després i ERC, per primer cop a Lleida". ccma.cat (en catalán). 15 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar