Abrir o menú principal

Juwan Antonio Howard, nado o 7 de febreiro de 1973 en Chicago, Illinois, é un antigo xogador americano de baloncesto profesional. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Miami Heat. O seu fillo, Juwan Howard Jr., é tamén xogador profesional de baloncesto.

Juwan Howard
Posición Ala-pivote / Pivote
Dorsal 5, 7, 55, 6
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Nacemento 7 de febreiro de 1973 (46 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Michigan (1991–1994)
NBA Draft 1994 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Washington Bullets
Tempadas 19942013
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     16 159 (13,4 pp)
Rebotes     7 428 (6,1 pp)
Asistencias     2 663 (2,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Traxectoria deportivaEditar

NBAEditar

Howard foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 1994 polos Washington Bullets (chamados Wizards dende 1997), onde xogou seis tempadas e media, de 1994 a 2001. Xogou tres tempadas nos Houston Rockets de 2004 a 2007, pero non pasou máis de dúas tempadas para ningún outro equipo. Tras unha tempada nun dos mellores equipos de rookies, e outra sendo elixido no 3º Equipo All-NBA, convertiuse no primeiro xogador da NBA en asinar un contrato de 100 millóns de dólares. Malia que seguiu xogando a bo nivel sendo titular, non conseguiu xogar de novo a nivel de All-Star. Durante as súas cinco primeiras tempadas na NBA, acadou 19.3 puntos por partido, pero dende entón, tan só fixo 17 puntos por partido en tres tempadas.

En 2010, asinou cos Miami Heat para xogar a súa 17ª tempada NBA,[1][2] durante a cal alcanzou os playoffs por sexta vez, e chegou por primeira vez na súa carreira ás Finais da NBA, perdendo contra os Dallas Mavericks por 4-2. O 10 de decembro de 2011, asinou de novo cos Heat,[3] e na tempada 2011-12, chegou de novo cos Heat ás Finais, desta vez contra os Oklahoma City Thunder. Desta vez, os Heat conseguiron gañar por 4-1, e Howard conseguiu o seu primeiro anel da NBA.

NotasEditar

  1. "Howard signs with Heat – again". ESPN. 2010-07-20. Consultado o 2010-07-21. 
  2. "HEAT Signs Juwan Howard". NBA.com. Consultado o 2010-07-20. 
  3. Windhorst, Brian (2011-12-10). "The Heat's big void lingers, front and center". ESPN. Consultado o 2011-12-12. 

Véxase taménEditar