Justo Taladrid Catá

empresario e político galego

Justo Taladrid Catá, nado en Magazos (Viveiro) en 1864 e finado na Coruña o 28 de marzo de 1938, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaJusto Taladrid Catá
Biografía
Nacemento1864 Editar o valor em Wikidata
Magazos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Justa Catá Seara. Emigrou a Cuba con 16 anos. A principios do século XX era un próspero comerciante de sedaría e dirixía a empresa Taladrid Hermanos. Foi impulsor e dirixente da sociedade Vivero y su Comarca creada en 1910. Retornou a Viveiro en 1912. Ao ano seguinte fundou a Liga Agraria del Landro con outros habaneiros e promoveu a candidatura do deputado liberal albista José Soto Reguera polo distrito ata 1923. Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial en Lugo. Durante os primeiros tempos da Guerra Civil contribuíu ás colectas promovidas polas autoridades franquistas con xenerosos donativos. Finou na Coruña o 28 de marzo de 1938.[1]

Escribiu os folletos Progreso del distrito de Vivero en los años 1910 a 1930 (Viveiro, 1931) e Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (A Coruña, 1935), nos que se defendeu das críticas á súa traxectoria na Ditadura.

  • Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (edición facsimilar). Consello da Cultura Galega, 2024. ISBN 978-84-17802-58-5.
  1. La Voz de Galicia, 29-3-1938, p. 4.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar