Justo González Ballesta

médico e político galego
(Redirección desde «Justo José González Ballesta»)

Justo José González Ballesta, nado en Lugo o 9 de outubro de 1951, é un médico e político galego do PPdeG

Infotaula de personaJusto González Ballesta
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializado en Medicina de Empresa, Familiar e Comunitaria e Xestión e Administración Sanitaria. Foi elixido concelleiro de Mos por AP nas municipais de 1983 e nomeado primeiro tenente de alcalde. Trala morte do alcalde Olegario Rodríguez Pérez en outubro de 1986 foi elixido novo rexedor. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde por maioría simple e posteriormente estableceu un pacto de goberno co PNG de Ramón Alonso Fernández. Nese mandato foi designado deputado provincial. Porén, trala ruptura do acordo de goberno foi despoxado da alcaldía en maio de 1989 mediante unha moción de censura encabezada por Ramón Alonso. Este remataría por achegarse de novo ós populares e nas municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG encabezada por Ballesta, o cal recuperou a alcaldía con maioría absoluta. En 1995 revalidou a alcaldía, de novo con maioría absoluta. Era o home de Xosé Cuíña na zona.[1] Foi director provincial do Sergas en Pontevedra de 1991 a 1993, e delegado da Consellería de Política Territorial entre 1993 e 1995. Foi secretario provincial de Organización e secretario xeral do PPdeG da provincia de Pontevedra entre 1990 e 1999. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997, polo cal renunciou á alcaldía no mes de setembro. É presidente do Club Náutico de Vigo dende 2016.[2]


Predecesor:
Olegario Rodríguez Pérez
  
Alcalde de Mos
 
1986 - 1989
Sucesor:
Ramón Alonso Fernández
Predecesor:
Ramón Alonso Fernández
  
Alcalde de Mos
 
1991 - 1997
Sucesor:
Ramón Alonso Fernández


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar