Xustiza artificial
Xustiza artificial (en castelán: Justicia artificial) é un filme hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra.[1][2][3] O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento.[4]
Xustiza artificial | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de ciencia ficción e filme de suspense ![]() |
Autoría | |
Director/a | Simón Casal ![]() |
Publicación | |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 38 minutos ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Estreouse dobrado en galego en Amazon Prime Video en 5 de decembro de 2024.[5]
Sinopse
editarNun esforzo por automatizar e despolitizar a xustiza, o Goberno de España prevé substituír os xuíces por software de intelixencia artificial.[2][3]
Personaxes
editar- Verónica Echegui como xuíza Carmen Costa[2]
- Tamar Novas como Brais Lago[6]
- Alba Galocha como Alicia Kóvack[2]
- Alberto Ammann como Alex[2]
- Lúcia Moniz como Sofía[6]
- Paula Morado como Manuela[6]
- Santi Prego como Goitia[6]
- Ledicia Sola[6]
Produción
editarA película foi producida por Justicia Artificial AIE, Tornasol Media, Abano Producións e Ukbar Filmes, coa participación de RTVE e Prime Video, e co apoio de ICAA e AGADIC.[2] [3]
En novembro de 2022, RTVE informou do inicio da rodaxe en Galiza, gravado na Coruña, Muxía e outras localizacións da Costa da Morte. Foi filmado adicionalmente en Lisboa.[2]
Lanzamento
editarA película tivo a súa estrea mundial en Shanghai, no seu 26º Festival Internacional de Cinema (xuño de 2024).
Foi preestreada o 5 de setembro de 2024 no Teatro Colón da Coruña, e nos cines comerciais en España o 13 de setembro de 2024 con A Contracorriente Films supervisando a distribución no Estado.[2]
Notas
editar- ↑ SAPO. "Justiça Artificial - SAPO Mag" (en portugués). Consultado o 2024-09-05.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 RTVE, PRENSA (2022-11-18). "Comienza el rodaje de 'Justicia artificial', participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "ARTIFICIAL JUSTICE". Latido Films (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
- ↑ "Justicia Artificial (2024) - cine". Simón Casal de Miguel (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
- ↑ "A virxe vermella e Xustiza artificial xa dispoñibles en Amazon Prime Video con dobraxe en galego". @DobraxeGalega. Consultado o 15 de decembro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Úbeda-Portugués, Alberto (9 de setembro de 2024). "Los estrenos del 13 de septiembre. 'Justicia Artificial'. El juego del poder". Aisge.