Jungle Cavalcade
filme de 1941 dirixido por Armand Denis, Clyde E. Elliott e Frank Buck
Jungle Cavalcade é un filme estadounidense de 1941 dirixido Armand Denis, Clyde E. Elliott e Frank Buck. É unha recompilación de metraxe dos primeiros tres filmes de Frank Buck, nos cales se describen as súas aventuras capturando animais para os zoos do mundo.[2]
Jungle Cavalcade | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jungle Cavalcade |
Director | Armand Denis Clyde E. Elliott Frank Buck |
Produtor | Walton C. Ament |
Guión | Phil Reisman, Jr. |
Intérpretes | Frank Buck |
Música | Nathaniel Shilkret Herman Fuchs |
Fotografía | Leroy G. Phelps Nicholas Cavaliere Carl Berger Harry E. Squire |
Montaxe | Jay Bonafield |
Distribuidora | RKO |
Estrea | 27 de xuño de 1941[1] |
Duración | 75-76 minutos |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Escenas editar
Entre as escenas no filme:
- Na xungla de Sumatra, Buck constrúe unha trampa para capturar un orangután para o zoo de St. Louis.
- Cando ve un elefante de bebé sendo perseguido por un tigre, Buck dispáralle ao tigre e captura o elefante.
- Buck captura un leopardo con manchas raras disparando á pola da árbore na que estaba o felino.
- Despois de construír un curro de catro hectáreas, Buck mete en estampida unha manda de elefantes e logo selecciona elefantes individuais para enviar aos zoolóxicos.
Notas editar
- ↑ "Jungle Cavalcade: Detail View". American Film Institute. Consultado o 13 de abril de 2014.
- ↑ Lehrer, Steven (2006). Bring 'Em Back Alive: The Best of Frank Buck. Texas Tech University press. pp. xi. ISBN 0-89672-582-0.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Jungle Cavalcade na IMDb (en inglés).