Xulio Díaz

(Redirección desde «Julio Díaz Sánchez»)


Xulio Díaz Sánchez, nado no Concello de Cesuras o 16 de abril de 1948 é un adestrador galego de fútbol.

Infotaula de personaXulio Díaz
Biografía
Nacemento16 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Cesuras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Sociedade Deportiva Compostela
- Asociación Deportiva Ceuta
- Club Deportivo Díter Zafra Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xulio Díaz acadou sona ao ser o adestrador do Club Deportivo Lugo na temporada 1991-92, cando o club da cidade amurallada conseguiu o ascenso á Segunda División de fútbol. Foi tamén o encargado de comezar a temporada seguinte, pero logo de trece xornadas foi substituído por Luis Rodríguez Vaz.

Adestrador tamén do Bergantiños FC e Pontevedra CF, volveu adestrar o CD Lugo ao longo de tres temporadas, entre 2000 e 2003, desta vez en Segunda División B, que precederon o descenso dos lugueses a Terceira División Española. En total, ao longo da súa carreira, Díaz adestrou o CD Lugo en 214 partidos de Liga, o técnico que o fixo máis veces en toda a historia do club albivermello[1]. En marzo de 2007 fichou pola SD Negreira, en Terceira, onde comezou tamén a temporada 2007-08[2].

É profesor da escola de Adestradores de fútbol de Galicia.

Notas editar