Julio César Britos
Julio César Britos Vázquez, nado en Montevideo o 18 de maio de 1926 e finado o 27 de marzo de 1998, foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba de extremo dereito.
Julio César Britos | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Julio César Britos Vázquez | ||
Nacemento | 18 de maio de 1926 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 27 de marzo de 1998 | ||
Lugar de falecemento | Montevideo | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1947–1953 | Peñarol | ||
1953–1955 | Real Madrid | 3 | (2) |
1961 | Deportivo Portugués | ||
Adestrador | |||
Deportivo Portugués | |||
1964 | Deportivo Galicia | ||
1966 | Guaraní | ||
1969 | Deportivo Galicia | ||
Portuguesa FC | |||
1972 | Estudiantes de Mérida | ||
Deportivo Táchira | |||
1976 | Deportivo Galicia | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi internacional coa selección do Uruguai e membro do equipo que gañou a Copa do Mundo de 1950, aínda que non chegou a xogar no torneo.[1]
Traxectoria Editar
Como futbolista Editar
Militou durante varios anos no Peñarol, club co que gañou tres veces o campionato de Primeira División do Uruguai. En maio de 1953 fichou polo Real Madrid,[2] onde apenas tivo protagonismo. Disputou só 3 partidos oficiais en dous anos no club branco, co que gañou a liga na súa primeira tempada. Marcou dous goles, ante Osasuna no seu debut oficial e ante o Athletic de Bilbao.
Selección uruguaia Editar
Foi 11 veces internacional coa selección uruguaia, coa que debutou en 1947 nun partido da Copa América ante Colombia en Guayaquil, encontro no que marcou o primeiro dos seus 6 goles coa selección. Tres anos despois formou parte do equipo uruguaio no Mundial de 1950 no Brasil. Con todo, non chegou a debutar no torneo, no que a súa selección se proclamou campioa mundial ao derrotar á selección brasileira no Maracanazo.
Como adestrador Editar
Despois de colgar as botas desenvolveu unha carreira como adestrador, dirixindo a equipos de varios países. Entre eles, adestrou en varias etapas o Deportivo Galicia de Caracas, co que gañou dúas veces a liga de Primeira División de Venezuela,
Faleceu o 27 de marzo de 1998.[3]
Palmarés Editar
Como futbolista Editar
- Peñarol
- Primeira División do Uruguai (3): 1949, 1951, 1953.
- Real Madrid
- Selección uruguaia
- Copa do Mundo (1): 1950.
Como adestrador Editar
- Deportivo Galicia
- Primeira División de Venezuela (2): 1964, 1969.
Notas Editar
- ↑ "World Cup Champions Squads 1930 - 2018". rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2022.
- ↑ "Jugador uruguayo al Real Madrid". La Región (en castelán) (11503). 12 de maio de 1953. p. 4. Consultado o 10 de maio de 2022.
- ↑ "Britos también falleció". ABC (en castelán). 28 de marzo de 1998. p. 78. Consultado o 10 de maio de 2022.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Datos do xogador coa selección uruguaia (en castelán).