Abrir o menú principal

Julio Álvarez Mosquera

Julio Álvarez Mosquera, nado en Caracas (Venezuela) o 1 de maio de 1981, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o CD Numancia.

Julio Álvarez
Amorebieta vnzla.jpg
Información persoal
Nome completo Julio Álvarez Mosquera
Nacemento 1 de maio de 1981 (38 anos)
  Caracas
Nacionalidade Venezuela e España
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Numancia
Número 10
Carreira xuvenil
Rayo Sadense
Ural
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–1998 Deportivo B 11 (4)
1998–1999 Real Madrid C 35 (15)
1999–2000 Real Madrid B 34 (14)
2000–2003 Real Madrid 0 (0)
2000–2002R. de Santander (cedido) 44 (1)
2002–2003Rayo Vallecano (cedido) 26 (8)
2003–2006 Murcia 72 (7)
2006–2008 Numancia 66 (10)
2008–2009 Almería 21 (0)
2009–2010 Mallorca 26 (6)
2010–2011 Tenerife 30 (3)
2011– Numancia 189 (46)
Selección nacional
1998 España sub-16 10 (2)
1998–1999 España sub-17 6 (1)
1999–2000 España sub-18 5 (1)
2002–2003 España sub-21 7 (1)
2011– Venezuela 4 (0)
2005-2008 Galicia 4 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 9 de xullo de 2017.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 9 de xullo de 2017.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa carreira como profesional en 1997 vestindo a camiseta do Deportivo de La Coruña B. En 1998 fichou polo Real Madrid, onde estivo xogando cos filiais de Segunda División B e Terceira División. A súa actuación no Real Madrid Castilla valeulle o ascenso a Segunda na tempada 1998-99.

No 2000 foi cedido ao Racing de Santander, de Primeira división, onde xogou dous anos tras lesionarse e o seu equipo baixar de categoría. En 2002 é cedido de novo, esta vez ao Rayo Vallecano. E, un ano máis tarde, ao Real Murcia, onde estivo 3 anos.

En 2006 ficha polo CD Numancia, equipo co que consegue ascender a Primeira na tempada 2007-08.

Tras terminar contrato co Numancia, o mesmo ano do ascenso, ficha pola UD Almería.

Tras un paso bastante discreto na etapa de Hugo Sánchez ficha polo Real Mallorca tras recibir a carta de liberdade do Almería.

Selección de EspañaEditar

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Título Club País Ano
Segunda División Española CD Numancia España 2008

Torneos internacionaisEditar

Título Selección País Ano
Campión da Meridian Cup Sub-17 Selección española sub-17 Suráfrica 1996
Terceiro clasificado Eurocopa Sub-17 Selección española sub-17 Escocia 1998

Véxase taménEditar