Julian Arahanga
actor neozelandés
Julian Sonny Arahanga, nado o 18 de decembro de 1972 en Raetihi, Manawatu-Wanganui, é un actor de cinema e televisión neozelandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1972 (52 anos) Raetihi, Nova Zelandia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión |
Traxectoria
editarO seu pai é o guionista Larry Parr e a súa nai é unha neozelandesa-estoniana. Arahanga é máis coñecido polo seu papel na película Once Were Warriors, de 1994, onde interpreta o fillo de Jake "Muss" Heke. Jake é un alcólico que intenta facer as cousas ó dereito, pero non pode porque depende máis dos seus puños que da súa intelixencia.
Tamén protagonizou a secuela What Becomes of the Broken Hearted? en 1999, que xira en torno á busca de Jake despois da primeira película. Unha vez máis, el interpreta o fillo de Heke.
Filmografía
editar- The Ferryman (2007) - Zane
- Eagle vs. Shark (2007) - Flight Extra
- Toy Boy (2004) - Angelo
- Fracture (2004) - Detective Harawira
- Forbidden Fury (2004) -
- The Lost World (1999) (Serie de televisión) -
- What Becomes of the Broken Hearted? (1999) - Nig Heke
- Matrix (1999) - Apoc
- Broken English (1996) - Eddie
- Hercules: The Legendary Journeys (1995–1996) (Serie de televisión) - Cassius (2 episodios)
- Once Were Warriors (1994) - Nig Heke