Julia Rodríguez Barreira

política española

Julia Rodríguez Barreira, nada en Monforte de Lemos en 1966, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Julia Rodríguez Barreira
Nome completoJulia Rodríguez Barreira
Nacemento1966
 Monforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, traballa como avogada en Monforte. En 2011 presentouse como cabeza de lista do PPdeG ás eleccións locais en Monforte de Lemos, pero non conseguiu a alcaldía e tivo que conformarse con ser a voceira da oposición. Meses máis tarde figurou como número tres das listas do Partido Popular ao Senado pola provincia de Lugo e foi elixida como senadora. Renunciou como senadora en decembro de 2012 para ser deputada no Parlamento de Galicia.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar