Julia Gutiérrez Caba

actriz española

Julia Gutiérrez Caba, nada en Madrid o 20 de outubro de 1932, é unha actriz española.

Julia Gutiérrez Caba
Nome completoJulia Gutiérrez Caba
Nacemento20 de outubro de 1928
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
PaiEmilio Gutiérrez Esteban
NaiIrene Caba Alba
Cónxuxe(s)Manuel Collado Álvarez
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0349429 Allocine: 165297 Allmovie: p230290 TCM: 361544 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Julia Gutiérrez Caba

Biografía editar

Nacida nunha familia con gran tradición artística, é filla dos actores Emilio Gutiérrez Esteban e Irene Caba Alba, neta de Irene Alba, sobriña de Julia Caba Alba e irmá de Irene e Emilio Gutiérrez Caba; é, ademais, tía do produtor José Luis Escolar e tía-avoa da actriz Irene Escolar. En maio de 1964 casa co director teatral Manuel Collado Álvarez (falecido en 2009).

Debutou no teatro en 1951 en Mariquilla Terremoto, coa Compañía de Catalina Bárcena, de onde pasou á de Isabel Garcés.

En anos sucesivos convértese nunha reputada actriz teatral, con obras como Las entretenidas, Petra Regalada, de Gala ou El jardín de los cerezos, de Chejov. En 1970 crea a súa propia compañía xunto ao seu esposo.

O seu debut cinematográfico prodúcese en 1960, nada menos que da man de Juan Antonio Bardem na película A las cinco de la tarde. O seu paso polo cine estivo case sempre marcado pola interpretación de personaxes de grave ton dramático. En 1977 apártase do cine e non volvería ata 20 anos despois con La herida luminosa, de José Luis Garci. A súa seguinte película conxunta, You're the One (una historia de entonces), repórtalle un Premio Goya como mellor actriz secundaria.

En televisión debuta ás ordes de Jaime de Armiñán e desenvolveu unha sólida carreira case sempre en TVE, aínda que non tan avultada en títulos como a da súa irmá Irene. En 1972 protagonizou a serie Buenas noches, señores, na que interpretaba un papel distinto en cada episodio. Ao igual que sucedeu co cine, tamén tivo un período de máis de 20 anos en que non pisou un estudio de televisión para centrarse na súa carreira teatral. O seu regreso produciuse coas series Los Serrano (2003-2008) e Águila Roja (2011-2012).

Filmografía parcial editar

Televisión editar

Véxase tamén editar