Julia Domínguez

deportista española

Julia Domínguez, nada nas Palmas de Gran Canaria o  4 de xullo de 1995, é unha deportista española que compite nas dúas modalidades de grappling. Tivo como adestradores a Juan Francisco Espino e Cristian García, do club Jet Canarias.

Julia Domínguez
Nome completoJulia Domínguez Pérez
Nacemento4 de xullo de 1995
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi medalla de ouro (na categoría de 53 Kg) na modalidade de grappling gi e non gi, no Campionato Mundial de Grappling 2014, celebrado en Moscova.[1][2] Conseguiu o dobrete (medalla de bronce) no Campionato Europeo de Grappling de 2015, celebrado na localidade de Sassari (Sardeña), Italia.

En febreiro de 2014 —no Campionato de España de Grappling, celebrado en Madrid—, conseguiu as medallas de ouro en ambas as modalidades de grappling. En xuño dese mesmo ano, na Copa de España Sénior de Grappling - Grappling Gi, obtivo a medalla de prata e ouro, respectivamente. En 2015, no Campionato de España de Grappling, alzouse coa medalla de prata na modalidade de grappling gi e coa medalla de ouro na modalidade de grappling non gi. En abril dese mesmo ano conseguiu tamén a medalla de ouro na Copa de España de Grappling.

Notas editar

  1. "World Championship Grappling Gi 2014 Final Protocol." (PDF). World Grappling Committee United World Wrestling: pág. 13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  2. "World Championship Grappling No-Gi 2014 Final Protocol." (PDF). World Grappling Committee United World Wrestling: pág. 13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.