Abrir o menú principal

Juana de la Caridad "Juanita" Castro Ruz, nada en Birán (provincia de Holguín) o 6 de maio de 1933, é un activista cubana así como a irmá de Fidel e Raúl Castro, ámbolos dous presidentes de Cuba. Despois de colaborar coa Axencia de Intelixencia Central en Cuba, viviu nos Estados Unidos dende 1964.

Juanita Castro
Castro Juanita tcm7-18080.jpg
Nacemento6 de maio de 1933
 Birán
NacionalidadeCuba e Estados Unidos de América
Ocupaciónempresaria
IrmánsRamón Castro, Fidel Castro e Raúl Castro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu preto de Mayarí, a cuarta filla de Ángel Castro Argiz e Lina Ruz González, e ten tres irmáns —Ramón, Fidel, e Raúl— e tres irmás —Angelita, Enma, e Agustina-. Lina Ruz González era a cociñeira de Ángel Castro; estaba casado con outra muller durante o nacemento de Juanita. Tamén ten cinco medio irmáns: Lidia, Pedro Emilio, Manuel, Antonia, e Georgina, quen foron criados pola primeira muller Ángel Castro, María Luisa Argota.[1]

PolíticaEditar

Juanita Castro foi activa na revolución cubana, comprando armas para o Movemento do 26 de xullo durante a súa campaña contra Fulgencio Batista. En 1958 viaxou ós Estados Unidos para recadar fondos para apoiar o movemento insurxente.[2] Despois da revolución Juanita sentiu traizoada pola influencia crecente dos comunistas cubanos no goberno cubano.[3]

As políticas de goberno de Fidel e Raúl enfrontáronse con intereses familiares. Cando os dous revolucionarios insistiron en incluír a plantación familiar no seu programa de reforma agrario para limitar a propiedade de terra privada, o seu irmán máis vello Ramón, quen estivera mantendo a propiedade, explotou anoxado, "Raúl é un sucio pequeno comunista. Algún día vouno matar."

NotasEditar

  1. Bardach, Ann Louise: Cuba Confidential. p57-59
  2. "The Bitter Family". Time Magazine. 10 de xullo de 1964. Consultado o 19 de febreiro de 2008. 
  3. Cuba Confidential by Ann Lousie Bardach, page 57