Juan de Granada
Juan de Granada ou Nasr ben Ali foi fillo do rei nazarí Muley Abul Hassan e Zoraia, e medio irmán de Boabdil, derradeiro rei de Granada. Naceu arredor do ano 1480, sendo o terceiro na liña de sucesión real nazarí.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1480 |
Morte | 1543 (62/63 anos) |
Capitán xeneral de Galicia Reino de Galicia | |
1530 – 1543 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Madalena de Granada |
Pais | Abu al-Hasan Ali de Granada e Isabel de Solís |
Irmáns | Muhammad XII de Granada |
Parentes | Maomé XIII de Granada, tío |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Historia
editarCoa conquista do reino de Granada polos Reis Católicos en 1492 e a forzosa capitulación de Boabdil, foi enviado de neno co seu irmán Saad ben Ali por orde dos Reis Católicos a Sevilla, onde ámbolos dous serían bautizados na relixión católica e onde recibiu educación castelá así como un novo nome castelán -Juan de Granada-.
Desde a súa infancia foi desvinculado da órbita musulmá e nazarí, sendo integrado plenamente nas estruturas nobiliarias castelás. Foi enviado ao reino de Galicia, lonxe do reino de Granada e da poboación mudéxar contraria á ocupación castelá, onde recibiu o título de gobernador (1530). Casou coa neta do conde de Castrojeriz, morrendo no ano 1543.
Predecesor: Antonio de la Cueva |
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia 1530- 1543 |
Sucesor: Álvaro Gómez Manrique de Mendoza |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |