Juan Vicente Herrera

político español
(Redirección desde «Juan Vicente Herrera Campo»)

Juan Vicente Herrera Campo, nado en Burgos o 23 de xaneiro de 1956, é un avogado e político español, presidente da Xunta de Castela e León, procurador nas Cortes de Castela e León do grupo parlamentario popular pola provincia de Burgos desde a IV lexislatura.

Juan Vicente Herrera
Juan Vicente Herrera

Actualmente no cargo
Dende o 16 de marzo de 2001[1]
Precedido por Juan José Lucas


Presidente do Partido Popular de Castela e León
Actualmente no cargo
Dende o 5 de outubro de 2002
Precedido por Juan José Lucas

Actualmente no cargo
Dende o 26 de maio de 1995

Datos persoais
Nacemento 23 de xaneiro de 1956
Burgos, España
Partido Partido Popular
Alma máter Universidade de Navarra

Na rede
www.jcyl.es

Traxectoria editar

Cursou dereito na Universidade de Navarra e actualmente está colexiado como avogado en Burgos e Madrid. Foi secretario xeral da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Castela e León desde o ano 1992 ata o remate da III Lexislatura e voceiro do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes de Castela e León desde o ano 1995 ata febreiro de 2001. Ao ser o presidente da Xunta, Juan José Lucas, nomeado ministro da Presidencia Juan Vicente Herrera pasou a ser o máximo responsable do goberno rexional e presidente do Partido Popular rexional desde outubro de 2002. En 2003 o seu partido gañou por maioría absoluta as eleccións autonómicas, presetándoo a el como candidato a presidir o goberno, encabezando a lista da provincia de Burgos. Nas eleccións de 2007 o seu partido revalidou a maioría absoluta na cámara rexional con igual número de escanos ca nas eleccións de 2003. Nas eleccións de 2011 o PP aumentou tanto o número de votos como de procuradores.

Cargos políticos desempeñados editar

  • Presidente do PP de Burgos (1993-2001).
  • Procurador pola provincia de Burgos nas Cortes de Castela e León (1995-actualidade).
  • Voceiro do PP nas Cortes de Castela e León (1995-2011).
  • Presidente da Xunta de Castela e León (desde 2001).
  • Secretario xeral dol PP de Castela e León (2001-2002).
  • Presidente do PP de Castela e León (desde 2002).

Notas editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
José María Álvarez de Eulate
 
Presidente do PP de Burgos

1993-2001
Sucesor:
César Rico
Predecesor:
Javier León de la Riva
 
Voceiro do Grupo Popular nas
Cortes de Castela e León

1995-2001
Sucesor:
Francisco Vázquez
Predecesor:
Juan José Lucas
 
Presidente da Xunta de Castela e León

2001-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Jesús Merino
 
Secretario xeral del PP de Castela e León

2001-2002
Sucesor:
Alfonso Fernández Mañueco
Predecesor:
Juan José Lucas
 
Presidente do PP de Castela e León

2002-actualidade
Sucesor:
No cargo