Abrir o menú principal

Juan Varela-Portas y Pardo

(Redirixido desde "Juan Varela Portas")

Juan Varela-Portas Pardo, nado en Lugo o 17 de novembro de 1930 e falecido en Madrid o 27 de febreiro de 2010, foi unha empresario galego,[1] moi vinculado á vida deportiva social lucense. Foi o fundador, xunto co seu irmán José Ramón, do Club Baloncesto Breogán.[2]

Juan Varela-Portas y Pardo
Juan-Varela-Portas.jpg
Nome completoJuan Varela-Portas y Pardo
Nacemento17 de novembro de 1930
 Lugo
Falecemento27 de febreiro de 2010
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
IrmánsJosé Ramón Varela-Portas y Pardo
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Nado en Lugo, a morte do seu pai cando tiña 28 anos mudou a súa vida. A súa intención era ser avogado do Estado, porén, circunstancias fimiliares levárono ao mundo da empresa na décade de 1960. Varela-Portas casouse en Madrid o 9 de novembro de 1963 con Piedad Orduña Toledo (Madrid, 7 de xaneiro de 1935 - 20 de xaneiro de 2007), con quen tivo tres fillos: Juan, Piedad e Nuria.

Xunto cos seus irmáns José Ramón, Víctor, Javier e Santiago, funda o Club Baloncesto Breogán en 1966. No ámbito económico e empresarial, tivo cargos de responsabilidade en Gallega de Piensos, Sánders España, Granja Ramil, Matadero de la Puebla, Sociedad Anónima de Granitos y Mármoles, Garaje Villares e Granja de Vilane. En 1996 creou o Pazo de Vilane, un proxecto familiar localizado en Antas de Ulla, baseado en tres liñas de actuación: a recuperación do patrimonio, o desenvolvemento sostíbel da comarca e a contorna natural. En 1968 foi elixido Presidente da Cámara de Comercio de Lugo, cargo que desenvolveu durante oito anos. En 2011, a Xunta de Galicia concedeulle a título póstumo a Distinción ao Mérito deportivo de Galicia.[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar