Padre Sobreira

relixioso e lexicógrafo galego
(Redirección desde «Juan Sobreira y Salgado»)

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1746[1] e finado en Madrid en 1805[2], foi un relixioso e polígrafo galego da Ilustración.

Infotaula de personaPadre Sobreira
Biografía
Nacemento(gl) Xoán Sobreira Salgado Editar o valor em Wikidata
1746 Editar o valor em Wikidata
Beade, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1805 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , relixioso , botánico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
S. Estevo de Ribas de Sil, onde Juan Sobreira tiña "tienda abierta para cuantos me concurren con yerbas y plantas traídas de los abismos".
Papeletas de un diccionario gallego.

Traxectoria editar

Ingresou na Orde de San Bieito, tomando o hábito no mosteiro de Santa María de Sopetrán (provincia de Guadalaxara) en 1761.

Compuxo diversos textos sobre a xeografía de Galiza, e traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego. Consideraba necesario que o galego acadase un status similar ao doutras linguas da península, seguindo as ideas do Padre Sarmiento:

"para los infinitos que sin ser gallegos vienen a Galicia a administrar rentas públicas, justicia, sacramento. Algunos de estos suelen aficcionarse a la lengua, o porque les gusta o porque la juzgan necesaria para tratar con los rústicos del país, sin necesitar de interpretes."

Sobreira foi tamén un dos primeiros en detectar a existencia da modalidade lingüística que coñecemos hoxe polo nome de "castrapo"[Cómpre referencia], especialmente presente nesa época na fala dos habitantes das cidades e vilas máis populosas:

"los gallegos que habitan los lugares muy populosos o de comercio, estos ni hablan puro gallego, ni puro castellano, sino el tercer idioma champurrado".

Obras editar

  • (1794) Ensayo para la Historia General Botánica de Galicia, que deberá comprenderse en el Diccionario ó Glosario general de la lengua gallega, Biblioteca da RAH, manuscrito.
  • (s/d) Nombres (gallegos) de yerbas y plantas, cuya correspondencia no había podido averiguar (José) Cornide, Biblioteca da RAH, manuscrito.
  • (1774) Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, Madrid: Imp. Ibarra.
  • (1979) Papeletas de un diccionario gallego, Edición y estudio crítico por J.L. Pensado, Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijóo».
  • (s/d) Papeletas de nombres de peces.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar