Xoán Rodríguez de Padrón
Xoán Rodríguez de Padrón ou de la Cámara, nado en Padrón en 1390 e finado no mosteiro de Herbón en 1450, foi un escritor en lingua castelá do prerrenacemento, considerado o último poeta da escola galega[1].
Xoán Rodríguez de Padrón | |
---|---|
Nacemento | 1390 |
Padrón | |
Falecemento | 1450 |
Nacionalidade | Coroa de Castela |
Ocupación | escritor e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Non se coñece moito da súa vida, dado que dos seus versos naceu unha lenda persoal que deu pé mesmo a biografías apócrifas, como a Vida del trovador Juan Rodríguez del Padrón, editada en 1839 por Pedro José Pidal na Revista de Madrid, e da que existen polo menos dúas copias manuscritas do século XVII. Non se trata dunha biografía real, senón dunha novelización da súa vida a partir dos seus poemas. Amais, os feitos da súa propia vida están mesturados cos dos personaxes da súa novela sentimental El siervo libre de amor. Ao igual que ao seu paisano Macías o Namorado, atribúenselle moitos lances amorosos.
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia fidalga de Padrón (Fidel Fita sinala que da parroquia de Herbón), e algúns membros da súa familia paterna eran próximos á Orde Franciscana Reformada. Estudou na Universidade de Salamanca, estando ao servizo do arcebispo (e despois cardeal) Juan de Cervantes. En contacto coa corte de Xoán II de Castela, recibiu boa educación, destacando como poeta. En 1430 viaxou a Italia acompañando ao arcebispo na visita a Asís ao convento xeral dos franciscanos. En 1434 puido asistir ao Concilio de Basilea como secretario seu, así como noutras andanzas por Alemaña. Nestas viaxes contactaría co viaxeiro Pero Tafur.
De regreso á corte ten amoríos cunha dama da Raíña, que estaba casada. Xoán Rodriguez conta o seu amor a un amigo, e ao sabelo, a dama dálle as costas. Marcha entón da corte, peregrinando a Xerusalén. En 1438 visitou Suíza. Desde ese ano escribiu a obra Servo libre de amor, reflexo do desengano amoroso, dedicada ao seu amigo Gonzalo de Medina, xuíz de Mondoñedo. Na obra narra unha historia amorosa e introduce ao tempo unha novela cabaleiresca, utilizando verso e prosa, o que nese momento era unha innovación.
Ao seu regreso, en 1440, recibe beneficios de varias parroquias galegas e unha coenxía en Tui. Pero ao ano seguinte renunciou a estes privilexios e marchou de novo a Xerusalén, onde se fixo franciscano. Regresou a Herbón, ingresando no convento de San Francisco de Herbón, ao que doou a súa fortuna.
PersonaxeEditar
En 1941 Ramón Otero Pedrayo publicou Las palmas del convento. Biografía novelada de Rodríguez del Padrón. En 1788 Nicolás Antonio, na súa obra Bibliotheca Hispana Vetus, resumiu de forma crítica os datos até entón coñecidos sobre el:
ObraEditar
A súa primeira obra, Siervo libre de amor (1439), inaugura a ficción sentimental. Na primeira parte, cun estilo latinizante propio da prosa do século XV, narra o rexeitamento do protagonista por parte da amada por divulgar a súa paixón. Na segunda parte, "El Entendimiento", personaxe alegórico, aparta ao protagonista do suicidio e presenta a Estoria de dos amadores, Ardanlier e Liesa, asasinada polo rei Creos, pai do amante, cuxa morte segue á dela. Na terceira parte parte o autor, só e desesperado, encontra unha estraña nave que o agarda. A obra recorda as Heroidas de Ovidio, que o propio autor adaptou traducíndoas co título de Bursario.
Cara a 1440 escribiu Cadira de Onor, un tratado moral que defende a nobreza e virtude como antigüidade de liñaxe. De 1445 é outra novela sentimental, Triunfo de las donas, que reúne máis de corenta argumentos feministas, escrita como signo do prerrenacemento contra a misoxinia medievalizadora do Corbacho o reprobación del amor mundano de Alfonso Martínez de Toledo.
Con todo, Xoán Rodríguez de Padrón foi sobre todo coñecido polos seus poemas de arte menor, clasificables coma lírica cancioneril e o amor cortés de tipo provenzalizante. Nesta poesía hai encanto, graza e certa picardía de bo gusto.
Obras súas en verso son Siete canciones, Los 10 mandamientos del amor e Siete gozos de amor. Tamén escribiu epístolas como Bursario e Oriflama.
NotasEditar
- ↑ Fitzmaurice-Kelly, J.: A History of Spanish Literature (D. Appleton and Company, 1898), 97. (en inglés)
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Siervo libre de amor; edición, introdución e notas de Antonio Prieto. Madrid: Castalia, 1976