Juan Outeiral

político galego

Juan Francisco Outeiral Outeiral, nado en Boiro e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un político galego.

Juan Outeiral
Lugar de nacementoBoiro
Falecemento23 de febreiro de 1937
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Transportista. Cuñado de Juan Somoza Rebollido. Militante socialista, en 1935 presidiu a agrupación local do PSOE. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Detido meses despois, foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a morte. Foi fusilado no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Rodrigo Álvarez Gantes. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras, Santiago Miranda, Ramón Lojo, Bautista Torrado e Braulio Castro.

Vida persoal editar

Casou con Encarnación González Reino.

Homenaxes editar

Foi homenaxeado polo concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2007.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodríguez Gallardo, Antón (29-9-2006). "Represión contra catro concelleiros da República". La Voz de Galicia: Barbantia L8. 

Ligazóns externas editar