Juan Orol

actor e director cinematográfico galego-mexicano

Juan Rogelio García García, coñecido como Juan Orol, nado en Santiso (Lalín) o 30 de xullo de 1893[1] e finado en Cidade de México o 26 de maio de 1988, foi un actor e director cinematográfico galego-mexicano. Foi coñecido como o "rei do cinema negro mexicano" o cine de gángsters, e un dos principais promotores do chamado cine de rumberas.

Infotaula de personaJuan Orol
Biografía
Nacemento(es) Juan Rogelio García García Editar o valor em Wikidata
30 de xullo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Santiso, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJuan Orol Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMéxico
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , actor , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1964–1988), morte da persoa
María Esquivel (pt) Traducir (1956–1964)
Rosa Carmina (1950–1955)
María Antonieta Pons (pt) Traducir (1940–1945), divorcio
valor descoñecido (1934–1937), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0650375 Allmovie: p105165 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Venezuela, Estados Unidos, Cuba e México. En Cuba foi piloto de coches de carreiras, xogador de béisbol e boxeador. Con vinte anos volveu a México, onde se fixo toureiro e se deu a coñecer co nome de Esparterito. Alterou esta profesión coa de policía secreto ata 1928, cando se dedicou ao cine.

Comezou a traballar como director artístico nunha empresa radiofónica e colaborou como actor secundario nalgunhas películas. Fundou a produtora Aspa Films e desenvolveu unha dilatada carreira cinematográfica entre México e Cuba como actor, produtor e director. A súa última aparición no cine foi como actor na comedia Ni modo... así somos, realizada en 1980.

Filmografía editar

  • ¿Mujeres sin alma: venganza suprema? (1934)
  • Madre querida (1935).
  • Honraras a tus padres (1936).
  • Siboney (1938).
  • Pasiones tormentosas (!945)
  • Embrujo antillano (1945).
  • Una mujer de oriente (1946).
  • Tania, la bella salvaje (1947).
  • El reino de los gángsters (1947).
  • Gángsters contra charros (1947).
  • La mesera coja del café del puerto (1947)
  • Amor salvaje (1949)
  • Cabaret Shanghái (1949).
  • La diosa de Tahití (1952)
  • Sandra, la mujer de fuego (1953).
  • El sindicato del crimen (1954).
  • Bajo la influencia del miedo (1956)
  • Zonga, el ángel diabólico (1956)
  • Tahimi, la hija del pescador (1961)
  • El fantástico mundo de los hippies (1968)
  • Historia de un gángster (1968)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vega, Eduardo de la: Un galego no cine mexicano: Juan Orol (1893-1988). CGAI, 2002.

Ligazóns externas editar