Juan Viaño

matemático e profesor universitario galego
(Redirección desde «Juan Manuel Viaño Rey»)


Juan Manuel Viaño Rey, nado en Boqueixón o 4 de xullo de 1955, é un matemático galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Infotaula de personaJuan Viaño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Boqueixón, España Editar o valor em Wikidata
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
2014 – 2018
← Juan Casares LongAntonio López Díaz → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseAlfredo Bermúdez de Castro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJosé Manuel Rodríguez Seijo (en) Traducir, Lino Jose Alvarez-Vazquez (en) Traducir, Ángel Daniel Rodríguez Arós, José R. Fernández (pt) Traducir e Marco A. Campo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 214503

Traxectoria editar

Licenciado de Matemáticas,é catedrático de Matemática aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Na universidade, foi xefe do departamento de Matemáticas aplicadas entre 1986 e 1992, decano da facultade de Matemáticas entre 2001 e 2009 e vicerreitor no equipo de goberno de Senén Barro, entre 2002 e 2010.

Politicamente defínese como socialdemócrata[1] e foi concelleiro do PSdeG en Boqueixón.

 
Inauguración das xornadas Abril Oteriano 2018 no Salón de Pleno do Colexio de Fonseca.

Candidato a reitor nas eleccións de 2014, impúxose ao outro candidato, Antonio López Díaz, para suceder a Juan Casares Long por unha estreita marxe de 1.988 votos a 1.914, cunha diferenza de unicamente 25 votos ponderados[2]. En 2018 volveu postularse para a re-elección como reitor, pero foi derrotado nesta ocasión polo xurista Antonio López Díaz[3].


Predecesor:
Juan Casares Long
  
Reitor da Universidade de Santiago
 
2014 - 2018
Sucesor:
Antonio López Díaz

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar