Abrir o menú principal

Juan Manuel Moreno

político español
(Redirixido desde "Juan Manuel Moreno Bonilla")

Juan Manuel Moreno Bonilla, nado en Barcelona o 1 de maio de 1970, coñecido como Juanma Moreno, é un político español, actual presidente do Partido Popular Andaluz investido presidente da Xunta de Andalucía polo Parlamento de Andalucía o día 16 de xaneiro de 2019.

Juan Manuel Moreno
(Juan Manuel Moreno Bonilla) Jornada de clausura Convención 2019 Partido Popular en Madrid. (45915063845) (cropped).jpg
Nacemento1 de maio de 1970
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Camilo José Cela e Universidade de Navarra
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Orixe e mocidadeEditar

Juan Manuel Moreno é neto de xornaleiros do Valle del Guadalhorce e o único fillo home de dous veciños de Alhaurín el Grande que emigraran a Cataluña: Juan Moreno Conejo, que traballou de delineante industrial na Hispano Olivetti e a Seat, e María Bonilla, que traballou nuns grandes almacéns.[1][2][3] Ten dúas irmás, unha maior e outra menor ca el.[4]

Tres meses despois do seu nacemento en Barcelona, a súa familia volveu con el á provincia de Málaga, concretamente á capital, á zona da antiga estrada de Cártama, onde estudou a EXB no colexio Giner de los Ríos.[5]

Cando Juanma Moreno tiña 14 anos, mudáronse ó barrio de Puente de las Américas da capital, onde o seu pai montou unha drogaría, na rúa Ingeniero de la Torre Acosta. Estudou no instituto Universidade Laboral de Málaga[6] e con 16 ou 17 anos foi vocalista de varios grupos de pop-rock de ámbito local, como Lapsus Psíquico e Falsas realidades, con certa influencia de Danza Invisible.[7][8]

Comezos na políticaEditar

Iniciou a carreira de Psicoloxía e logo Maxisterio na Universidade de Málaga (UMA), pero axiña descubriu a súa vocación política. En 1989, con 19 anos, afiliouse ó Partido Popular. Colaborou na fundación da Asociación Popular de Estudantes, da que foi voceiro durante os cursos 1991-92 e 1992-93. Este último ano alcanzou a presidencia de Novas Xeracións de Málaga e no curso 1993-94 foi tamén vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación e membro da xunta de goberno da UMA. Segundo comenta, traballou nunha pizzaría e como comercial.[9]

Concelleiro do Concello de Málaga (1995-1997)Editar

En 1995, con 25 anos, resultou elixido concelleiro de Mocidade e Deporte no Concello de Málaga, con Celia Villalobos como alcaldesa, así como Presidente da Xunta Municipal do distrito de Campanillas e Puerto de la Torre. Un ano despois, xa era presidente de Novas Xeracións de Andalucía.

Deputado rexional no Parlamento de Andalucía (1997-2000)Editar

En 1997, con 27 anos, foi elixido deputado por Málaga e voceiro de Mocidade do Grupo Parlamentario Popular durante a V Lexislatura do Parlamento de Andalucía. Tamén foi elixido presidente de Novas Xeracións a nivel nacional e responsable de Política Autonómica e Local do partido.

Deputado nacional no Congreso (2000-2011)Editar

Foi deputado nacional no Congreso durante as VII, VIII, IX e X lexislaturas, exercendo de voceiro adxunto do Grupo Popular na Comisión de Ciencia e Tecnoloxía e de Secretario na Comisión de Asuntos Sociais.

Obtivo un grao en Protocolo e Organización de Eventos pola Universidade Camilo José Cela, ademais de varios títulos propios (Titulado Superior Universitario en Protocolo e Relacións Institucionais pola Universidade Camilo José Cela, Mestría en Dirección e Administración de Empresas pola Escola Autónoma de Dirección de Empresas e Programa de Liderado para a Xestión Pública por IESE Business School) e un premio (máster de Ouro do Real Fórum de Alta Dirección).[10]

En setembro de 2006 casou coa politicóloga granadina Manuela Villena.

Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (2011-2014)Editar

 
Juanma Moreno en 2012

Tralo seu nomeamento como secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade o 30 de decembro de 2011, impulsou e participou na redacción dos seguintes plans e leis:[11]

  • Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2013-2016.[12]
  • Estratexia para a Erradicación da Violencia de Xénero.[13]
  • Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade.[14]
  • Plan Nacional de Inclusión Social.[15]

Candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía (2014-presente)Editar

O 1 de marzo de 2014, unhas semanas despois do falecemento do seu pai, foi elixido presidente do PP de Andalucía e candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía.[16] Ante este novo desempeño, e malia ter vivenda en Málaga, mudouse coa súa familia ó concello sevillano de Alcalá de Guadaíra.[17] No 15º Congreso Autonómico do PP Andaluz, celebrado do 17 ao 19 de marzo de 2017 no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, foi reelixido para o cargo para os catro anos seguintes. Converteuse así no primeiro presidente do PP Andaluz elixido directamente polos afiliados no sistema de dobre volta, obtendo o 98,95% dos votos dos afiliados na primeira volta e o 95,04% na segunda.

NotasEditar

Véxase taménEditar