Juan José Merlo

político galego

Juan José Merlo Lorenzo, nado en Vigo en 1972, é un político galego de En Marea.

Infotaula de personaJuan José Merlo
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vigo, 1972. Formouse como enxeñeiro industrial e abandonou os seus estudos para incorporarse ao mercado laboral. Desenvolveu a súa actividade laboral primeiro en empresas como Hitachi e no corpo de mandos dunha coñecida cadea de grandes almacéns e posteriormente á fronte dunha empresa de enxeñería e enerxías renovables. Participou activamente en diferentes plataformas do 15M. Entrou na vida política da man de Podemos, onde foi secretario de Organización de Podemos Galicia desde 2016 ata 2018. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea pola provincia de Pontevedra. En abril de 2018 dimitiu por responsabilidade ao non esixir a corrección do seu curriculum publicado no Parlamento, onde na redacción do mesmo dicíase que era enxeñeiro, cuestión que daba a supoñer unha titulación que este nunca se había atribuído.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar