Juan García Benito
Juan García Benito, nado en Torre de Santa María (provincia de Cáceres) en 1752[1] e finado en Caldelas de Tui (Tui) en 1825,[2], foi un bispo católico estremeño.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 10 de xullo de 1752 ![]() Torre de Santa María, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1825 ![]() Caldelas de Tui, España ![]() |
![]() | |
29 de agosto de 1822 – 8 de xullo de 1824 ← Rafael de Múzquiz Aldunate – Simón Antonio de Rentería y Reyes (pt) ![]() | |
Bispo de Tui | |
24 de xullo de 1797 – ← Domingo Ramón Fernández Angulo (en) ![]() ![]() Diocese: Diocese de Tui | |
Arcebispo católico | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
Consagración | Francisco Javier Cabrera Velasco (en) ![]() ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia estremeña fidalga. Foi nomeado presbítero en 1775 e bispo de Tui en 1797.[1] En 1808 foi presidente da Xunta de Armamento e Defensa contra a invasión francesa e un ano despois formou parte da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Coruña. Debido ás persecucións anticlericais, tivo que fuxir por Portugal para refuxiarse en Hoyos, axudado polo bispo de Coria. Regresou a Tui tras a marcha dos franceses de Galicia. Segundo Ávila y la Cueva, axudou ao conde de San Simón na guerra de Portugal de 1801 e outros señores e bispos galegos.[1]
Vexamos o estancamento agrario en 1802: "Se se destinasen os solos de boa calidade, uns para sementar de trigo, centeo ou millo, outros para prados, variando o seu cultivo; se nos solos arxilosos e areniscos se plantasen viñas; se as oliveiras, castiñeiros, nogueiras, substituísen os pouco útiles piñeiros, desterrándoos aos montes para que a súa veciñanza non prexudicase os mellores plantíos; se as ribeiras dos nosos ríos en vez de cubertas de infrutíferos chopos o fosen de limoeiros, laranxeiras, moreiras etc., quen podería calcular as avantaxes do país…” —(Extracto dunha circular do bispo de Tui, Juan García Benito, aos curas do seu bispado).[3]
|
En 1812 participou nas Cortes de Cádiz e solicitoulles aos párrocos que lle explicasen ao pobo a Constitución aprobada. Porén, en 1814 felicitou o rei Fernando VII tras o seu regreso como monarca absolutista. En 1820, durante o Trienio Liberal, volveulles pedir aos cregos que difundisen a nova constitución.[1]
En 1813 extinguiu o Tribunal da Inquisición, mentres que os demais bispos galegos se opuxeron a esta decisión. O rei propúxoo como arcebispo de Compostela en 1821, pero renunciou.[1] Preocupouse tamén pola situación económica e social de Galicia.
Faleceu en 1825 tomando as augas en Caldelas de Tui.[2]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Domingo Ramón Fernández Angulo |
Bispo de Tui-Vigo 1797 - 1825 |
Sucesor: Francisco Javier García Cascarrubios y Melgar |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Polán, L. De Guereñu (domingo, 9 de octubre de 2011). "solosequenosenada: Juan García Benito, un obispo de su época". solosequenosenada. Consultado o 2024-12-03.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (2024-02-06). "O Balneario de Caldelas de Tui nos séculos XVIII e XIX ·". COUSAS DE - Revista. Consultado o 2024-12-03.
- ↑ Obelleiro, L. Idade contemporánea. En Carballo et al. (1991). Historia de Galicia. A Nosa Terra.