Juan Ferreira Caamaño
Juan Ferreira Caamaño e Lemos, nado en Treos (Vimianzo) o 18 de agosto de 1803 e finado en Madrid o 17 de maio de 1868, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1803 Treos, España |
Morte | 17 de maio de 1868 (64 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarLicenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, cando se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese ano foi elixido deputado no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850, 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi nomeado senador vitalicio (1863).