Juan Baliño Ledo
Juan Baliño Ledo, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1999,[1] foi un avogado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1901 Vigo, España |
Morte | 24 de outubro de 1999 (98 anos) Vigo, España |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor |
Traxectoria
editarEstudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Secretario Xeral do Concello de Vigo, e durante a guerra civil española Secretario da comisión xestora municipal, presidida polo Comisario de Guerra José Giménez García.[2] Posteriormente tamén foi xerente do Faro de Vigo.
En 1923 foi xunto a Manuel de Castro Handicap e Pepe Bar un dos máximos valedores da fusión do Real Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo, que deu pé ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. Ocupouse da parte xurídica da fusión e formou parte da comisión creada para dar forma ao novo club e elaborar os seus estatutos. Súa é a proposta de Celta de Vigo como nome e as cores do seu equipamento. Foi un dos primeiros directivos do club. Anos despois foi presidente da Federación Galega de Fútbol e da de Atletismo.
Vida persoal
editarCasou en 1931 con María Luisa Díaz Iglesias.
Notas
editar- ↑ Faro de Vigo, 29-10-1999, p. 12, 13.
- ↑ "El Movimiento antes del movimiento: De las asociaciones católicas a FET de las JONS. El caso de Vigo" (PDF). Consultado o 12 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 80–81. ISBN 978-84-8457-448-4.