Juan Antonio Porto

guionista galego

Juan Antonio Porto Alonso, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1937, é un guionista galego.

Juan Antonio Porto
Nacemento10 de xaneiro de 1937
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónguionista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Criado en Oviedo, estudou Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Oviedo. Despois diplomouse en dirección pola Escuela Oficial de Cinematografía. Escritor de guións cinematográficos, foi colaborador habitual de cineastas como Pilar Miró e Pedro Olea en películas como El crimen de Cuenca, Beltenebros, El bosque del lobo, La casa sin fronteras e La Corea. Destacado especialmente na adaptación de obras literarias, como La Regenta, de Gonzalo Suárez; a citada Beltenebros ou a serie televisiva La forja de un rebelde, de Mario Camus. É autor de ensaios e textos sobre temas cinematográficos. Impartiu clases na Escuela de Cine de la Comunidad de Madrid. O seu guión máis recente foi La conjura de El Escorial, de Antonio del Real.

RecoñecementosEditar

En febreiro de 2009 o Consello de Ministros de España outorgoulle a Medalla de Ouro ó mérito nas Belas Artes.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar