Abrir o menú principal

Frei Juan Antonio Muñoz Salcedo, nado en Santisteban del Puerto (provincia de Xaén) o 26 de setembro de 1650 e finado o 5 de maio de 1728, foi un eclesiástico e catedrático español.

Juan Antonio Muñoz Salcedo
Bispo da Igrexa católica latina
(Igrexa católica)
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1650 en Santisteban del Puerto (hoxe provincia de Xaén, Andalucía)
Pasamento5 de maio de 1728 (77 anos)
Bispo de Mondoñedo
1705 - 1728
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Fillo de Pedro Muñoz Ortega e de Dona Elvira Salcedo. Co nome de Juan de Santisteban ingresou o 17 de febreiro de 1670 nos Xerónimos de San Lorenzo do Escorial antes de cumprir os vinte anos, onde cursou os oito do Colexio. Era moi erudito en ciencias eclesiásticas e foi Catedrático de Sagrada Escritura e de Teoloxía Moral no Escorial, chegando a ser predicador do rei. Foi elixido prior do mosteiro de Santa Catalina de Talavera sendo reelixido ao rematar o primeiro trienio de mandato. Do priorado de San Lorenzo pasou a ser elixido polo rei Filipe V para ocupar o bispado de Mondoñedo,[1] sendo confirmado polo constistorio romano o 20 de xullo de 1705 e tomando posesión da diocese o 2 de decembro dese mesmo ano.[1] Morreu o 5 de maio de 1728.[2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Roldán, Alberto García. "GALICIA PUEBLO A PUEBLO: CATEDRAL, MONDOÑEDO". GALICIA PUEBLO A PUEBLO. Consultado o 2017-04-06. 
  2. "Fray Juan Muñoz Salcedo". www.redjaen.es. Consultado o 2017-04-06. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.