Joyce Fante

escritora estadounidense, muller de John Fante

Joyce Fante (de solteira Joyce Smart), nada en Placer County (California) o 13 de outubro de 1913 e finada en Malibú o 7 de xuño de 2005[1], foi unha poeta e editora estadounidense. Estivo casada co escritor italo-americano John Fante desde 1937 até a súa morte en 1983.

Joyce Fante
Nacemento13 de outubro de 1913
 Condado de Placer
Falecemento7 de xuño de 2005
 Malibú
SoterradaHoly Cross Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Stanford
Ocupaciónpoeta e editora
CónxuxeJohn Fante
FillosDan Fante
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi a segunda filla de Joseph e Louise Smart. O seu pai, empresario, nacera na pequena vila de Dutch Flat, en Sierra Nevada, fillo dun pioneiro da febre do ouro. A nai de Joyce, Louise Smart (nada Louise Runchel), era mestra de escola[2]

Joyce Smart criouse en Roseville, e foi á Universidade Stanford. Escribiu en The American Mercury, e tocou o piano. Fante e Joyce Smart coñecéronse o 30 de xaneiro de 1937, e casaron o 31 de xullo dese mesmo ano en Reno (Nevada).[3] Tiveron catro fillos: Nick (1942), Dan (1944), Vickie (1949) e Jim (1950).

Viviu en Malibú durante máis de 50 anos, até a súa morte.

NotasEditar

  1. Joyce Fante en Find a Grave (en inglés)
  2. Fante, D. (2011). Sajalín editores, ed. Fante. Un legado de escritura, alcohol y supervivencia. pp. 35–36. 
  3. Cooper, S. (2000). North Point Press, ed. Full of Life: A Biography of John Fante. New York. pp. 142-145.