Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya

As Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya (JERC) son a organización xuvenil do partido político catalán Esquerra Republicana de Catalunya.

Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya
Logo
Tipojuventude partidária e partido político catalán
IdeoloxíaRepublicanismo, Independentismo catalán, socialismo, Ecoloxismo e feminismo
Data de fundación26 de outubro de 1931
Nº de membros1.412 (2018) Editar o valor em Wikidata
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
http://www.joventrepublica.cat/
Facebook: joventrepublica Twitter: joventrepublica Instagram: joventrepublica Youtube: UC7fP1CW2g7JizC6Q3U9j-4A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Programa editar

Segundo a súa declaración de principios, os seus obxectivos son "a consecución dunha sociedade democrática, na que desapareza calquera sinal de opresión social ou nacional, nun territorio ecoloxicamente equilibrado" e "nunha Cataluña libre, soberana e unificada, na Europa das Nacións" concienciando e mobilizando a xuventude do conxunto por eles coñecido como Países Cataláns.

Historia editar

Un dos principais proxectos das JERC é a Acampada Jove, un festival político-musical, que acolle cada ano e en diversas poblacións milleiros de mozos dende 1996.

  • X Congreso Nacional (Barcelona) decembro de 1987: escóllese como secretario xeral da organización a Joan Puigcercós.
  • XI Congreso Nacional (Sitges, Garraf) marzo de 1990: Reescóllese como secretario xeral a Joan Puigcercós.
  • XII Congreso Nacional (Xirona) outubro de 1992: Reescóllese de novo a Joan Puigcercós como secretario xeral.
  • XIII Congreso Nacional (Barcelona) marzo de 1994: Escóllese a David Minoves como novo secretario xeral.
  • XIV Congreso Nacional (Tarragona) abril de 1996: Escóllese a Camil Ros como novo secretario xeral.
  • XV Congrés Nacional (Manlleu, Osona) 1998: Uriel Bertran sae elixido o novo secretario xeral.
  • XVI Congreso Nacional (Calella, Maresme) decembro de 1999: Reelíxese a Uriel Bertran como secretario xeral.
  • XX Congreso Nacional (Vic, Osona) 19 e 20 de novembro de 2005: Escóllese a Pere Aragonès como voceiro nacional.
  • XXI Congreso Nacional (Mataró, Maresme) 10 e 11 de novembro de 2007: Escóllese a Gerard Coca como novo voceiro nacional.
  • XXII Congreso Nacional (Celrà, Gironès) 14 e 15 de novembro de 2009: Gerard Coca sae reelixido voceiro nacional.
  • XXIII Congreso Nacional (Terrassa, Vallès Occidental) 26 e 27 de marzo de 2011: Escóllese como novo voceiro nacional a Gerard Gómez del Moral.

Organización editar

As JERC organízanse en catro niveis: local, comarcal, rexional, e nacional, e cada un destes niveis ten total autonomía de actuación. A base da estrutura son as seccións locais, que se agrupan en federacións comarcais, e estas á súa vez en federacións rexionais. A unión das federacións rexionais dá lugar ás JERC. Todos estes niveis teñen executivas. O máximo órgano, a Comisión Permanente, está formada polos secretarios nacionais.

O máximo órgano das JERC é o seu Congreso Nacional, e entre congresos, o Consello Nacional, onde acoden os representantes territoriais.

Na actualidade as JERC adoptan unha división territorial en 14 Federacións Rexionais:

  • Alt Pirineu
  • Baix Llobregat
  • Barcelona
  • Camp
  • Catalunya Central
  • Catalunya Nord
  • Comarques Gironines
  • Illes Balears i Pitiüsses
  • Maresme-Barcelonès Nord
  • País Valencià (onde reciben o nome de JERPV)
  • Penedès-Anoia
  • Ponent
  • Terres de l'Ebre
  • Vallès

Publicacións editar

A súa publicación é a revista la Veu del jovent (O voz da xuventude) (anteriormente El Pamflet - O panfleto-) e emprega indistintamente a senyera estelada co triángulo amarelo e a estrela vermella, e a que ten o triángulo azul e a estrela branca.

Permanente Nacional editar

Dende marzo de 2011 a Permanente Nacional está formada per:

  • Voceiro Nacional: Gerard Gómez del Moral i Fuster
  • Secretaria de Organización: Oriol Clusells i Roca
  • Secretaria de Finanzas: Òria Rovira i Illamola
  • Secretaria de Formación: Anna Peña i Aso
  • Secretaria de Campañas e Mobilizacións: Àlex Daudén i Zamora
  • Secretaria de Comunicació: Marta Vilalta i Torres
  • Secretaria de Política Institucional: Isaac Peraire i Soler
  • Secretaria de Movementos Sociais: Albert Gaspà i Miquelay
  • Secretaria da Muller : Sílvia Casola i Salvatella
  • Secretaria de Política Internacional e Cooperación: Ricard Sánchez i Pérez
  • Secretaria de Medio Ambiente e Política Territorial: Jordi Romaguera i Restudis

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar