Journeyman (foguete)

(Redirección desde «Journeyman»)


Journeyman, tamén coñecido coa denominación Argo-D8, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por cinco etapas.[1][2]

Journeyman / Argo-D8
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura18,90 m[1]
diámetro0,79 m máximo[1]
masa6300 kg[1]
Etapas5[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
editar datos en Wikidata ]

Journeyman foi desenvolvido por Aerolab Development Co. para a NASA co apoio do Centro de Armas Especiais da Forza Aérea para estudar a contorna de radiación do espazo próximo á Terra de cara ás misións do Proxecto Mercury e para levar a cabo misións de radioastronomía. Todos os Journeyman, 8 en total, foron lanzados entre 1960 e 1965.[1][2]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2020). "Journeyman" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Argo-D8 (Journeyman)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar