Josep Tapiró i Baró
Pintor catalán
(Redirección desde «Josep Tapiró»)
Josep Tapiró i Baró, nado en Reus o 7 de febreiro de 1836,[1] e finado en Tánxer o 4 de outubro de 1913, foi un pintor catalán, coñecido polas súa acuarelas con retratos dos habitantes de Tánxer.[2]
Josep Tapiró i Baró | |
---|---|
Josep Tapiró fotografado en 1864 en Roma no estudio Altobelli & Molins | |
Nome | Josep Tapiró i Baró |
Nacemento | 7 de febreiro de 1836, 7 de febreiro de 1830 e 1830 |
Reus | |
Falecemento | 4 de outubro de 1913 e 1913 |
Tánxer | |
Nacionalidade | catalán |
Eido | Pintura |
Movemento | Orientalismo, romanticismo, africanismo |
Influenciado por | Marià Fortuny |
[ editar datos en Wikidata ] |
Formouse en Reus e Barcelona coincidindo con Marià Fortuny. Grazas a numerosas viaxes a través de Europa entre 1863 e 1870, consolidou o seu estilo, compartindo temática co seu amigo. Viaxaron xuntos até Marrocos por primeira vez en 1871, un feito decisivo na vida dos dous artistas. Cando Fortuny morreu, Tapiró decidiu instalarse en Tánxer en 1877, onde ficaría por trinta anos, até 1913. En Tánxer especializaríase definitivamente na técnica da acuarela, especialmente retratos e escenas de interior da vida cotiá marroquí.
Notas editar
- ↑ Gras i Elias 1899, p. 161.
- ↑ Ribas Tur, Antoni (25 de xuño de 2013). "Josep Tapiró, el gran orientalista desconegut". Diari Ara: 32. ISSN 2014-010X.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josep Tapiró i Baró |