Josep Maria Bartomeu
Josep Maria Bartomeu Floreta, nado en Barcelona o 6 de febreiro de 1963, é un empresario e enxeñeiro catalán e o actual presidente do Futbol Club Barcelona.
Josep Maria Bartomeu | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Josep Maria Bartomeu |
Nacemento | 6 de febreiro de 1963 |
Barcelona | |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | ESADE |
Ocupación | empresario, mercador, emprendedor e dirixente deportivo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Socio e conselleiro delegado das empresas ADELTE (enxeñaría para aeroportos) e EFS (grupo de empresas de mantemento de terminais e equipos electromecánicos), formou parte da directiva do FC Barcelona durante a presidencia de Joan Laporta como responsable da sección de baloncesto xunto con Sandro Rosell, con quen renunciaría por discrepancias co entón presidente.
Foi o vicepresidente na xunta directiva de Rosell no Futbol Club Barcelona entre xullo de 2010 e xaneiro de 2014 logo de que gañasen as eleccións cun 61,35% de votos dos socios do club. Tras a renuncia de Sandro Rosell á presidencia o 23 de xaneiro de 2014 debido á admisión a trámite do xuíz Ruz pola querela do denominado "caso Neymar", a Comisión Directiva, seguindo os estatutos do club, elíxeo como o 40º presidente do Futbol Club Barcelona dende o 23 de xaneiro de 2014 ata completar o mandato de Rosell o cal finalizaba o 30 de xuño de 2016.
Véxase taménEditar
Predecesor: Sandro Rosell |
Presidente do FC Barcelona 2014- |
Sucesor: No cargo |